José Benito Vence Deza, nado no Carballo (Rodeiro) o 18 de decembro de 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Aos dezasete anos emigrou a Suíza, onde traballou no sector hostaleiro. Retornou a Rodeiro en 1979, dedicándose á agricultura e gandería, ten unha explotación de vacún de leite e outra de porcino. Foi presidente fundador da cooperativa O Rodo, cargo que abandonou en 2007.

Nas eleccións municipais de 1987 foi o número dous da candidatura de Independientes de Galicia e foi elixido concelleiro de Rodeiro. Militante do PSdeG-PSOE, foi o número dous do PSOE nas eleccións municipais de 1991 e foi elixido concelleiro. Encabezou a candidatura socialista en 2003, 2007 e 2011. En 2009 foi elixido alcalde grazas a un pacto cos independentes e o BNG.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Rodeiro

Ligazóns externas Entrevista a José Benito Vence Deza

Categoría:Alcaldes de Rodeiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Rodeiro Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes