Marion Cotillard é unha actriz francesa nada o 30 de setembro de 1975 en París. Viviu gran parte da súa infancia en Orleáns.
Biografía Marion Cotillard é filla de Niseema Theillaud, actriz, e de Jean-Claude Cotillard, actor, mimo e director pedagóxigo da Escola Superior de Arte Dramática de París. Ten dous irmáns xemelgos, Quentin (pintor e escultor) e Guillaume (guionista e realizador), nados o 6 de novembro de 1977.
Estudou no Instituto Voltaire de Orleáns, situado no barrio de La source, ao sur da cidade, e no Instituto Molière de París. O seu primo Laurent Cotillard dirixiu a súa primeira obra, Y a des nounours dans les placards. En 1994 obtivo o primeiro premio do Conservatorio de Arte dramática de Orleáns.
Comezou a aparecer en series de televisión como Highlander ou Extrême Limite, e despois no cine co filme La Belle Verte, malia que foi con Taxi co que se deu a coñecer ao grande público e que supuxo o seu primeiro nomeamento ao César á mellor actriz revelación. O seu papel nesta película serviulle para traballar en producións como La Mouette ou Les Jolies Choses, coa que obtivo un novo nomeamento aos premios César, conseguindo en 2005 gañar o César á mellor actriz de repato por Un longo domingo de noivado, de Jean-Pierre Jeunet.
En 2007 interpretou a Édith Piaf no filme de Olivier Dahan La vie en rose (La môme), co que conseguiu o Oscar á mellor actriz (o primeiro para un intérprete francés por un papel nunha longametraxe en francés), o BAFTA á mellor actriz, o César á mellor actriz e o Globo de Ouro á mellor actriz en comedia ou musical. Grazas a este filme confirmou a súa sona de actriz en Francia e en Hollywood.
En 2009 interpretou a Evelyn (Billy) Frechette, a moza de John Dillinger no filme Enemies publiques e tamén estivo nomeada por segunda vez aos Globos de Ouro polo seu papel de Luisa Contini en Nine.
Na actualidade ten unha relación co actor francés Guillaume Canet, dende finais de 2007. O 15 de marzo de 2010 Marion recibiu a Medalla da Orde das Artes e das Letras de Francia. O 20 de maio de 2011 tivo o seu primeiro fillo, Marcel.Marion Cotillard dio a luz su primer hijo, Marcel O 16 de marzo de 2017 naceu o seu segundo fillo, unha nena chamada Louise.
Ademais, é militante activista de Greenpeace.
Filmografía Longametraxes 1994: L'Histoire d'un garçon qui voulait qu'on l'embrasse de Philippe Harel 1996: Comment je me suis disputé...(ma vie sexuelle) de Arnaud Desplechin 1996: La Belle Verte de Coline Serreau 1998: Taxi de Gérard Pirès 1999: La Guerre dans le haut pays de Francis Reusser 1999: Du bleu jusqu'en Amérique de Sarah Lévy 1999: Taxi 2 de Gérard Krawczyk 2000: Furia de Alexandre Aja 2000: Les Jolies Choses de Gilles Paquet-Brenner 2001: Lisa de Pierre Grimblat 2002: Une affaire privée de Guillaume Nicloux 2003: Taxi 3 de Gérard Krawczyk 2003: Jeux d'enfants de Yann Samuell 2003: Big Fish de Tim Burton (Joséphine) 2004: Un longo domingo de noivado de Jean-Pierre Jeunet 2005: Innocence de Lucile Hadzihalilovic 2005: Sauf le respect que je vous dois de Fabienne Godet 2005: La boîte noire de Richard Berry 2005: Edy de Stéphan Guérin-Tillié 2005: Cavalcade de Steve Suissa 2005: Ma vie en l'air de Rémi Bezançon 2005: Mary de Abel Ferrara 2006: Toi et moi de Julie Lopes-Curval 2006: Fair play de Lionel Bailliu 2006: Dikkenek de Olivier Van Hoofstadt 2006: A good year de Ridley Scott (Fanny Chenal) 2007: La Môme de Olivier Dahan 2009: Nine de Rob Marshall 2009: OceanWorld 3D de Jean-Jacques Mantello 2009: Public Enemies de Michael Mann 2009: El último vuelo de Karim Dridi 2010: Orixe de Christopher Nolan 2010: Les petits mouchoirs de Guillaume Canet 2011: Contaxio de Steven Soderbergh 2011: Midnight in Paris de Woody Allen 2012: De rouille et d'os de Jacques Audiard 2012: O cabaleiro escuro: a lenda renace de Christopher Nolan 2013: The Immigrant de James Gray 2013: Blood Ties de Guillaume Canet 2013: Anchorman: The Legend Continues de Adam McKay 2014: Dous días, unha noite dos irmáns Dardenne 2015: Macbeth de Justin Kurzel 2015: Un Monde Truqué de Franck Ekinci et Christian Desmares 2015: The Little Prince de Mark Osborne 2017: Rock'n Roll de Guillaume Canet
Curtametraxes 1996: Snuff Movie 1996: L'amour est à réinventer, dix histoires d'amour au temps du sida, segment La Mouette 1997: Affaire classée 1998: La Surface de réparation 1999: L'Appel de la cave 2000: Le Marquis 2001: Heureuse 2001: Boomer
Televisión 1994: Extrême limite 1996: Chloé 1998: Interdit de vieillir 2001: Les Redoutables : Doggy Dog 2001: Une femme piégée de Laurent Carcélès
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Marion Cotillard Online La Môme - Fotos da película Ficha en allocine.com
Categoría:Actores de Francia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en París Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Franceses de ascendencia bretoa Categoría:Óscar á mellor actriz