O Club Deportivo Toledo é un club de fútbol español da cidade de Toledo, en Castela-A Mancha. Foi fundado en 1928 e compite na Terceira División, logo de descender na tempada 2011–12.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón e medias brancos. Uniforme alternativo: Camiseta a raias horizontais azuis e amarelas, pantalón azul e medias amarelas.
Estadio
O campo do CD Toledo é o Estadio Salto del Caballo. Foi inaugurado o 23 de novembro de 1973 e ten capacidade para 5.500 espectadores tras a ampliación efectuada a tempada 1993-94. As dimensións do terreo de xogo son 105 x 75 m. O primeiro gol anotado no campo foi obra de Luis Aragonés co Atlético de Madrid.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 7 Tempadas en 2ªB: 9 Tempadas en 3ª: 34
Palmarés Terceira División Española (5): 1949-50, 1988-89, 1991-92, 2007-08, 2008-09, 2010-11 Copa de Castela (6): 1941, 1942, 1943, 1944, 1946, 1984
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Web non oficial Web do Toledo en Futbolme.com