Antonio Rodríguez Otero, coñecido como Xan Quinto e ás veces tamén como Xoán Quinto, nado no Araño (Rianxo) o 6 de xuño de 1847 e finado en Portugal, foi un bandoleiro mítico galego.

Traxectoria A lenda conta que foi procesado por varios xulgados entre 1870 e 1880 e que a súa sona chegou até o sur da Península Ibérica así como incluso até algúns territorios de Suramérica. Ao igual que Robin Hood en Inglaterra ou a mesma Pepa a Loba en Galiza, Xan Quinto representa o prototipo de ladrón sanguinario cos ricos, e xeneroso e nobre cos pobres. Foi trasladado á literatura por figuras do talle de Valle-Inclán, co seu conto en lingua castelá Juan Quinto. Valentín Paz Andrade asinou algúns artigos na prensa co pseudónimo Xan Quinto.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Durán, José Antonio (1973). "La leyenda de Xan Quinto, bandolero gallego" . Triunfo pp. 24-27 .

Categoría:Personalidades de Galicia

Categoría:Bandidos

Categoría:Mitoloxía galega

Categoría:Século XIX en Galicia

Categoría:Nados en Rianxo

Categoría:Nados en 1847