Magnum Rolle, nado o 23 de febreiro de 1986 en Freeport, Bahamas, é un ex xogador bahamés de baloncesto profesional.
NBA Foi elixido na 51ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Oklahoma City Thunder, e foi traspasado despois aos Indiana Pacers a cambio de Ryan Reid, a 57ª elección. Os Pacers prescindiron de Rolle o 25 de outubro de 2010, e foi elixido na 3ª posición do Draft da NBA Development League polos Maine Red Claws. Xogou dous partidos con Maine, e lesionouse, o que fixo que os Red Claws o despediran. Neste tempo en Maine, acadou 14.1 puntos, 5.1 rebotes e 1.5 roubos por partido.
O 11 de abril de 2011 asinou polos Atlanta Hawks. O 23 de decembro foi cortado polos Hawks.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados nas Bahamas Categoría:Xogadores de baloncesto das Bahamas Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores do Bnei Herzliya Categoría:Xogadores dos Indios de Mayagüez