Laborie é un distrito administrativo localizado no sur da illa de Santa Lucía, un pequeno país da área do Caribe localizado ao norte de Venezuela e Trinidad e Tobago. De acordo co censo do ano 2001 a rexión ten unha poboación de 7.365 habitantes.

A cabeceira distrital é a poboación de Laborie, situada a 27 km ao sur da cidade de Castries.

Véxase tamén Ligazóns externas Mapa de Laborie na Oficina central de estatística de Santa Lucía

Categoría:Santa Lucía