Perseo Περσεύς, o lendario fundador de Micenas e da dinastía micénica dos Aqueos, foi o primeiro dos heroes da mitoloxía grega cuxas fazañas na derrota de varios monstros deron pé á creación dos mitos dos deuses olímpicos. Perseo decapitou a gorgona Medusa, e salvou a Andrómeda do monstro mariño Ceto.Pausanias: Descrición de Grecia, II, 15, 4. II, 15: texto francés- Texto grego. II, 15, 4: texto inglés. Texto grego. II, 15, 4: texto español

Nacemento Segundo a versión do Pseudo-Apolodoro e a de Pausanias, un oráculo anunciara a Acrisio, rei de Argos, que morrería a mans do seu propio neto. Para evitalo, Acrisio fixo encerrar a súa filla Dánae nunha torre de bronce (ou nunha cámara subterránea dese material) para impedir que tivese trato con ningún varón. Con todo, o rei dos deuses, Zeus, transformouse nunha choiva de ouro que caeu en Dánae desde o teito e deixouna embarazada. Pero había outra tradición que dicía que fora Preto, irmán de Acrisio, quen seducira a Dánae. En calquera caso, a princesa concibiu a Perseo. Ao decatarse Acrisio, non crendo divino o nacemento do neno, arroxouno con Dánae ao mar nun cofre de madeira. O mar foi acougado por Poseidón por petición de Zeus, e a nai e o fillo sobreviviron e alcanzaron a costa da illa de Sérifos. Nesa illa gobernaba o rei Polidectes, e o seu irmán Dictis recolleu a muller e o neno, a quen criaría como se fose o seu fillo.Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitolóxica, II, 4, 1. Texto italiano. Texto francés. Texto inglés. Texto grego.Descrición de Grecia, II, 23, 7. II, 23: texto francés. Texto grego. II, 23, 7: texto inglés. Texto grego.Horacio: Odas, III, 16, 1. Texto español en Wikisource. Texto latino.

Expedición para matar a Medusa Máis tarde, Polidectes namorouse de Dánae. Pensando que o mozo Perseo podía ser un estorbo para os seus plans, intentou librarse del mediante unha estrataxema: fixo crer a todo o mundo que pretendía conquistar a princesa Hipodamía e pediu aos habitantes da illa que cada un lle entregase un agasallo como presente, para poder ofrecelo á súa vez á princesa. Perseo dixo que non poñería reparos para entregar calquera cousa: ata se fose a cabeza de Medusa, que era unha das tres Gorgonas e podía converter en pedra os homes só coa mirada. Polidectes aceptou como agasallos os cabalos doutros habitantes da illa, pero non aceptou os de Perseo, e mandoulle que lle trouxese a cabeza da Gorgona que lle prometera.Biblioteca mitológica, II, 4, 2. II, 4, 1 - 3: texto italiano. II, 4, 2: texto francés. II, 4, 2: texto inglés. II, 4, 2: texto grego.

Perseo partiu, guiado polos deuses Atenea e Hermes, en busca das fillas de Forcis: as graias, irmás das gorgonas. As graias eran tres anciás que só tiñan un ollo e un dente para as tres, e íanllos pasando unha á outra. Perseo arrebatoulles o ollo e o dente, e, a cambio de devolverllos, obrigounas a confesar onde vivían as Hespérides, pois Atenea dixéralle que elas lle darían armas para vencer a gorgona.

Así, Perseo atopou as ninfas, das que obtería un zurrón máxico (kibisis) para conter a cabeza sen perigo. Hermes deulle unhas sandalias aladas, Zeus deulle a súa fouce de adamante e o casco de Hades, que volvía invisible a quen o levase posto. Ademais, recibiu de Atenea un escudo brillante como un espello.

Armado con estes obxectos, Perseo chegou a introducirse na morada das Gorgonas, que, como as Graias, eran fillas de Forcis. Mentres estaban durmidas as Gorgonas, Perseo achegouse a elas. Atenea guiou a man de Perseo, que ademais usou como espello o escudo de bronce que lle prestou a deusa para ver a Medusa sen mirala directamente. Así, Perseo alcanzou a cortar a cabeza da Gorgona, da que naceron o cabalo alado Pegaso e o xigante Crisaor. Perseo saíu do palacio das Gorgonas. Esteno e Euríale, as irmás inmortais de Medusa, buscaron a Perseo pero non puideron atopalo porque o casco de Hades o facía invisible.Biblioteca, II, 4, 3. II, 4, 1 - 3: texto italiano. II, 4, 3: texto francés. II, 4, 3: texto inglés. II, 4, 3: texto grego. miniatura|Perseo sostendo a cabeza de Medusa (fresco de Pompeia) Rescate de Andrómeda Ao chegar a Etiopía ou, noutras versións, a Iafa, Perseo atopou a Andrómeda encadeada a unha rocha: mandárana deixar alí os seus pais, os reis Cefeo e Casiopea, para que fose devorada por un monstro mariño que fora enviado polos deuses como castigo por xactarse Casiopea de ser máis fermosa que as nereidas.O nome que se dá a este monstro mariño e a outros é o de Ceto (κῆτος), que comparten coa deusa mariña do mesmo nome e cunha oceánide. Véxase a entrada de κῆτος en A Greek-English Lexicon (dicionario grego-inglés) no Proxecto Perseus. Un oráculo de Amón dixera que só se verían libres do monstro se lle era ofrecida Andrómeda como alimento. Perseo quedou prendado de Andrómeda e decidiu liberala. Tras pedir a man da princesa a Cefeo e Casiopea, matou o monstro coa súa espada, ou, segundo outras versións, petrificando unha parte do monstro ao mostrarlle a cabeza de Medusa.Descrición de Grecia, IV, 35, 9. IV, 35: texto bilingüe francés - grego. IV, 35, 9: texto italiano. IV, 35, 9: texto inglés IV, 35, 9: texto grego.Metamorfose: IV, 669 - 789. Texto español en Wikisource: Perseo e Andrómeda; Perseo e Medusa. Texto latino.Luciano de Samosata: Diálogos mariños (Ἐνάλιοι Διάλογοι), IX, 14: Tritón e as nereidas. Texto español dos Diálogos mariños en Scribd; o diálogo de Tritón e as nereidas atópase case ó pé da páxina. Se non se atopa o diálogo de Tritón e as nereidas nesa páxina, pódese recorrer ó texto italiano .

Durante o banquete de vodas con Andrómeda, chegou Fineo, tío paterno dela e á vez o seu prometido. Comezou unha batalla entre quen apoiaban o enlace e os partidarios de Fineo. Perseo matou a moitos, pero, ao ver a inferioridade numérica do seu bando, non tivo máis remedio que empregar a cabeza de Medusa para converter en pedra a Fineo e os que o acompañaban.Metamorfose, V, 1- 249. Perseo e Fineo en As metamorfoses, V, 1 - 235 (no texto latino, 1 - 236): texto español en Wikisource. Outras fazañas de Perseo en As metamorfoses, V, 236 - 249 (no texto latino, 237 - 250): texto español en Wikisource. Texto latino. Perseo e Andrómeda lograron finalmente casar e chegaron a ter sete fillos: os varóns Perses, Alceo, Heleo, Méstor, Esténelo e Electrión, e unha filla chamada Gorgófone.Biblioteca, II, 4, 5. II, 4, 3 - 5: texto italiano. II, 4, 5: texto francés. II, 4, 5: texto inglés. II, 4, 5: texto grego.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Heroes da mitoloxía grega Categoría:Descendentes de Zeus