miniatura|250px|Movemento dos continentes dende a época de Panxea até a actualidade.

Supercontinente é a denominación empregada en xeoloxía para aquelas masas terrestres que consisten en dous ou máis cratóns ou núcleos de continentes. Comunmente asóciase a Panxea con este termo, ou aos outros dous grupos de terras emerxidas da súa división (Gondwana e Laurasia), aínda que a listaxe de supercontinentes pasados, presentes e futuros é máis extensa.

Efectos xeolóxicos Os supercontinentes bloquean a saída da calor interna da terra, o cal produce un sobrequecemento da astenosfera. Eventualmente, isto produce fisuras na litosfera a través das cales emerxerá magma que empurrará aos bloques, afastándoos. Non está aínda claro se os continentes vólvense a xuntar de modo accidental logo de trasladarse polo planeta (ver Deriva continental) ou se se separan e volven unirse logo nun movemento acordeónico.

Supercontinentes parciais Os que abranguen unha cantidade considerable (xeralmente, entre un cuarto e un medio) das terras emerxidas, en orde cronolóxica. Nena (hai uns 1.800 millóns de anos). Atlántica (hai uns 1.800 millóns de anos). Euramérica (hai uns 400 millóns de anos). Gondwana (hai uns 200 millóns de anos). Laurasia (hai uns 200 millóns de anos). Eurafrasia (actual; ás veces considérase a unha agrupación menor, Eurasia, que inclúe a Europa e a Asia; pero dende un punto de vista xeolóxico non é un supercontinente). América (actual).

Lista de supercontinentes maiores (os que abarcaron a totalidade ou a maior parte das terras emerxidas, en orde cronolóxica)

Vaalbará (xorde hai aproximadamente 4.000 millóns de anos. É o primeiro supercontinente teorizado da terra). Ur (xorde hai aproximadamente 3.000 millóns de anos. Aínda que non comprendía o tamaño dos supercontinentes posteriores). Kenorland (xorde hai 2.500 millóns de anos, divídese hai 2.100 millóns de anos). Columbia (xorde hai 1.800 millóns de anos, divídese hai 1.500 millóns de anos). Rodinia (xorde hai 1.100 millóns de anos, divídese hai 750 millóns de anos). Pannotia (xorde hai 600 millóns de anos, divídese hai 540 millóns de anos). Panxea (xorde hai 300 millóns de anos, divídese hai 200 millóns de anos). Panxea Última ou Amasia (formarase dentro de 250 millóns de anos).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tectónica de placas

Supercontinentes Categoría:Xeografía Categoría:Terra