O topónimo Brabante pódese referir a:
O Ducado de Brabante, antigo ducado dos Países Baixos; O Brabante do Norte, unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos, con capital en Den Bosch; O Brabante Flamengo, unha provincia de Bélxica, da rexión de Flandres que circunda completamente a Rexión de Bruxelas-Capital, con capital en Lovaina; O Brabante Valón, unha provincia de Bélxica, con capital en Wavre.