Wavre (en valón: Wåve, en neerlandés: Waver, localmente Aufe) é unha cidade francófona e un municipio de Bélxica localizado no distrito de Nivelles, provincia do Brabante Valón, da que é a súa capital.
Establecida no val do Dyle (afluente do Rupel), é a capital da rexión turística das "Ardenas brabanzonas".
Wavre tamén adoita chamarse a cidade do Maca, en referencia á estatua (que data de 1962) dun mozo escalando o muro da Casa do Concello. Segundo a superstición e a tradición (moi recente) acariciar as súas nádegas trae un ano de boa sorte.
Os seus habitantes son os wavriens (en feminino wavriennes) e, por asimilación, tamén se coñecen como os macas. Pero historicamente para merecer o nome de maca, era necesario nacer en Wavre de pais tamén naturais da cidade.
Galería de imaxes
Categoría:Cidades de Bélxica Categoría:Concellos da provincia do Bravante Valón