Jan Veselý, nado o 24 de abril de 1990 en Ostrava, Moravia-Silesia, é un xogador checo de baloncesto profesional que xoga no FC Barcelona da Liga ACB.
Traxectoria Europa Veselý comezou xogando nas categorías inferiores do Příbor e do BK Snakes Ostrava na República Checa. Fichou polo Geoplin Slovan en 2007. En 2008, foise ao Partizan de Belgrado, onde gañou nove trofeos,Mondo: Pitajte Jana Veselog (10 de xuño de 2011) e chegou á Final Four da Euroliga na tempada 2009-10. En 2010, déronlle o galardón da FIBA ao mellor xogador xove do ano en Europa.
NBA Veselý foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Washington Wizards. O 9 de abril de 2012, conseguiu o primeiro dobre-dobre da súa carreira, rematando o partido con 11 puntos e 11 rebotes na vitoria contra os Charlotte Bobcats. Na súa primeira tempada na NBA, Veselý acadou 4.7 puntos e 4.4 rebotes en 18.9 minutos por partido.
O 20 de febreiro de 2014, Veselý foi traspasado ós Denver Nuggets nun traspaso entre tres equipos.Denver Nuggets Acquire Jan Vesely From Washington
Volta a Europa O 5 de agosto de 2014, Veselý asinou un contrato de dous anos co Fenerbahçe Ülker, club onde finalmente permanece até 2022. Co club turco consegue ser campión da Euroliga en 2019 e MVP da competición en 2017. En 2022 asina polo FC Barcelona da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en NBA.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Moravia-Silesia Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos da República Checa Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020