Napoléon Eugène Louis Jean Joseph Bonaparte, nado en 1856 e finado en 1879, foi un príncipe imperial, fillo único do emperador Napoleón III e de Eugenia de Montijo.

Traxectoria Co colapso do Segundo Imperio Francés en 1870 o príncipe imperial refúxiase en Bélxica ata que se reúne co resto da familia imperial en Chislehurst, Kent (Inglaterra). Trala morte do seu pai en 1873 os bonapartistas proclamárono Napoleón IV.

Ingresou como cadete nunha escola militar británica, graduouse en 1875 e serviu na arma de artillaría e uniuse como voluntario á expedición británica contra Zululandia, aínda que coa prohibición de entrar en combate. O 30 de marzo de 1879 desembarcou en Durban, participou como voluntario en varias misións de recoñecemento, pero o 2 de xuño, nunha desas misións, foi sorprendido por un grupo de 40 zulús e morreu mentres defendía a súa vida nas proximidades do río iTyotyosi. Os seus restos leváronse a Inglaterra, onde se efectuou un funeral de estado, presidido pola raíña Vitoria de Inglaterra.

Categoría:Familia Bonaparte Categoría:Nados en París Categoría:Alumnos do King's College de Londres Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1879