A coñecida como rebelión de Stonewall consistiu nunha serie de manifestacións espontáneas e violentas contra unha redada policial que tivo lugar na madrugada do 28 de xuño de 1969, no pub coñecido como o Stonewall Inn do barrio neoiorquino de Greenwich Village. Fálase decote destes disturbios como da primeira ocasión na historia de Estados Unidos en que a que a comunidade LGTB loitou contra un sistema que perseguía os homosexuais co visto e prace do goberno, e son xeralmente recoñecidos como o catalizador do movemento moderno a prol dos dereitos LGTB nos Estados Unidos e en todo o mundo.

Durante as décadas de 1950 e 1960 os gays e lesbianas estadounidenses debían enfrontarse cun sistema legal moito máis hostil cos homosexuais que en moitos dos países occidentais.Carter, p. 15.Todos os estados do país, a excepción de Illinois, penalizaban o sexo homosexual consentido entre adultos no ámbito privado; en 1961: «Un adulto acusado do crime de ter sexo con outro adulto de maneira consensuada na privacidade da súa casa podería ter unha multa lixeira ou chegar a pasar cinco, dez ou vinte anos -incluso toda a súa vida- no cárcere. En 1971, vinte estados mantiñan leis sobre 'sexo psicopático' que permitían a detención de homosexuais por esta razón. En Pensilvania e California, os ofensores sexuais podían ser encerrados en institucións mentais de por vida e en sete estados podían ser castrados». (Carter, p. 15) A castración, a terapia emética, a hipnose, a terapia de electroshock e as lobotomías eran usadas polos psiquiatras para intentar "curar" os homosexuais dos seus desexos durante a década de 1950 e a de 1960.(Katz, p. 181–197.)(Adam, p. 60.); véxase tamén Terapia de reorientación sexual. Os primeiros grupos homófilos dos Estados Unidos tentaron demostrar que as persoas homosexuais podían integrarse na sociedade e fomentaron unha cultura de non confrontación entre homosexuais e heterosexuais. Con todo, os últimos anos da década de 1960 foron moi turbulentos, posto que había moitos movementos sociais activos, tales como o movemento afroamericano a prol dereitos civís (1955-1968), a contracultura dos 60 e as manifestacións contra a guerra. Este clima belixerante, xunto ao ambiente liberal do Greenwich Village, influíu para que se producise a rebelión de Stonewall.

Había poucos estabelecementos que acollesen persoas abertamente homosexuais durante as décadas de 1950 e 1960. Os que si o facían eran xeralmente bares, aínda que os seus propietarios e administradores raramente eran gais. O Stonewall Inn, naquela época, era propiedade da mafia.Duberman, p. 183.Carter, p. 79–83. Contaba cunha gran variedade de clientes, e era coñecido por ser popular entre as persoas máis marxinadas da comunidade gai: transexuais, drag queens, novos efeminados, prostitutos masculinos e mozos sen teito. As redadas policiais nos bares gais eran algo rutineiro durante a década dos 60, pero os axentes de policía perderon repentinamente o control da situación no Stonewall Inn e atraeron o xentío, provocando que se rebelasen. A tensión entre a policía de Nova York e os residentes gais de Greenwich Village produciu máis protestas a seguinte tarde, e sucesivamente varias noites despois. En cuestión de semanas, os residentes do Village organizáronse rapidamente en grupos de activistas para concentrar esforzos en prol de establecer lugares para que os gais e lesbianas puidesen manifestar abertamente a súa orientación sexual sen medo a ser arrestados.

Tras os disturbios de Stonewall, os gais e lesbianas de Nova York fixeron fronte a obstáculos de índole xeracional, de clase e de xénero para formar unha comunidade cohesionada. Aos seis meses creáronse dúas organizacións de activistas gais en Nova York, con obxecto de realizar protestas de confrontación, e ademais fundáronse tres periódicos para promover os dereitos para gais e lesbianas. En poucos anos fundáronse organizacións de dereitos homosexuais ao longo de todo Estados Unidos e a nivel internacional. O 28 de xuño de 1970 tiveron lugar as primeiras marchas do Orgullo Gai nas cidades de Nova York e Os Ánxeles, conmemorando o aniversario dos disturbios. Co tempo, outras cidades foron organizando marchas similares. Hoxe día celébranse actos do Orgullo Gai anualmente por todo o mundo cara a finais de xuño, para lembrar os disturbios de Stonewall."Pride Marches and Parades", in Encyclopedia of Lesbian, Gay, Bisexual, and Transgender History in America, Marc Stein, ed. (2004), Charles Scribner's Sons.

Contexto A homosexualidade na primeira metade de século Tras a axitación social producida pola segunda guerra mundial, moita xente nos Estados Unidos sentiu un fervente desexo de "restaurar a orde social anterior á guerra e manter a raia as forzas do cambio", segundo o historiador Barry Adam.Adam, p. 56. Estimulado pola énfase anticomunista nacional, o senador Joseph McCarthy organizou interrogatorios na súa comisión senatorial para localizar comunistas no goberno estadounidense, no exército e noutras institucións subvencionadas polo goberno, dando lugar a unha paranoia nacional. Os comunistas, anarquistas e outras persoas catalogadas como anti-estadounidenses e subversivas eran consideradas un risco para a seguridade. Os homosexuais foron incluídos nesa lista en 1950 polo Departamento de Estado dos Estados Unidos, baixo a teoría de que estas persoas eran frecuentemente susceptibles de chantaxe. O secretario de Estado James E. Webb sinalou nun informe que, "crese xeralmente que aqueles que realizan actos abertamente perversos carecen da estabilidade emocional das persoas normais".Edsall, p. 277. Entre 1947 e 1950, 1.700 solicitudes de traballo federais foron rexeitadas, 4.380 persoas foron expulsadas do exército e 420 foron despedidas dos seus traballos no goberno pola sospeita de que eran homosexuais.Adam, p. 58.Véxase tamén a voz «Terror lavanda».

Durante os 50 e 60, o FBI e os departamentos de policía realizaron listas de homosexuais coñecidos, rexistrando os seus establecementos favoritos e as súas amizades. Por outro lado, o Servizo Postal dos Estados Unidos mantiña un rexistro dos domicilios aos que se enviaba por correo material relacionado coa homosexualidade.Edsall, p. 278. Os gobernos locais e estatais seguiron ese exemplo: os bares que servían a homosexuais foron clausurados, e os seus clientes arrestados e publicamente expostos coma reos nas picotas nos xornais. As cidades realizaban campañas para librar os barrios, parques, bares e praias dos gais. Prohibiuse o uso da vestimenta do sexo contrario, e as universidades expulsaban os profesores sospeitosos de seren homosexuais.Adam, p. 59. Miles de gais e lesbianas foron publicamente humillados, acosados fisicamente, despedidos, encarcerados ou ingresados en hospitais psiquiátricos. Moitos vivían unha dobre vida, mantendo as súas vidas privadas en segredo e afastadas das súas vidas profesionais.

En 1952, a Asociación Americana de Psiquiatría catalogou a homosexualidade no Manual diagnóstico e estatístico dos trastornos mentais (Diagnostic and Statistical Manual, DSM) como un trastorno sociopático da personalidade. Un estudo detallado da homosexualidade de 1962 xustificaba a inclusión do trastorno como un medo oculto ao sexo oposto, causado por relacións pai-fillo traumáticas. Esta opinión tivo unha ampla influencia na profesión médica da época. Non obstante, Evelyn Hooker realizou en 1956 un estudo que comparaba a felicidade e adaptación no seu contorno de homes que se identificaban a si mesmos como homosexuais, con homes heterosexuais, e non encontrou ningunha diferenza.Edsall, p. 310. O seu estudo conmocionou a comunidade médica e converteuna nunha heroína para moitos homosexuais,Marcus, p. 58–59. mais a homosexualidade permaneceu no DSM até 1973.

Activismo homófilo e rebelións anteriores miniatura|O bar Stonewall Inn no 2005. En resposta á tendencia antihomosexual xeneralizada, formáronse dúas organizacións independentes para defender a causa dos homosexuais e procurar oportunidades sociais para que os gais e lesbianas puidesen manter contactos sociais sen medo a ser arrestados. En 1950 un gai chamado Harry Hai e un grupo de seguidores, cansados do trato discriminatorio pola súa orientación sexual, fundaron a Sociedade Mattachine.Marcus, p. 24–25. Esta organización uniu gais que estiveran illados no exército e animounos a loitar polos seus dereitos, proporcionándolle ademais asistencia legal, liderado e información.Adam, p. 62–63. Ao atopar unha grande oposición á súa posición radical, en 1953 a sociedade decidiu orientarse cara á procura da respetabilidade e a aceptación. O razoamento era que se poderían cambiar máis mentalidades no relativo ao tema da homosexualidade demostrando que os homosexuais eran persoas normais que non se diferenciaban dos heterosexuais.Adam, p. 63–64.Marcus, p. 42–43. Pouco tempo despois, varias mulleres de San Francisco reuníronse para formar o grupo Daughters of Bilitis (DOB) para lesbianas.Marcus, p. 21. Aínda que as oito mulleres que crearon DOB se xuntaban inicialmente nos salóns das súas casas para poder ter un lugar seguro onde poder bailar, ao crecer DOB desenvolveron obxectivos similares aos da sociedade Mattachine, e animaron aos seus membros a implicarse na sociedade.Gallo, pp. 1–5, 11.

Un dos primeiros desafíos contra a represión gobernamental chegou en 1953. Unha organización chamada ONE publicou a revista ONE, Inc., e o Servizo Postal negouse a enviala por correo. O número da revista, enviado nun envoltorio de papel ordinario, trataba sobre os homosexuais en matrimonios heterosexuais. O Servizo Postal alegou que contiña material obsceno. O caso chegou ao Tribunal Supremo, que en 1958 sentenciou que o veto era ilegal e que One, Inc. podía distribuír o seu material a través do Servizo Postal dos Estados Unidos.Marcus, p. 47–48.

As organizacións homófilas, como eran coñecidos os grupos gais, creceron en número e expandíronse até a Costa Leste. Gradualmente os membros destas organizacións fóronse volvendo máis atrevidos. Frank Kameny fundou a Mattachine de Washington, D.C. Fora despedido do Servizo de Mapas do exército dos Estados Unidos por ser homosexual, e interpuxo demandas para ser readmitido sen éxito. Kameny escribiu que os homosexuais non eran diferentes dos heterosexuais, frecuentemente dirixindo os seus esforzos cara aos profesionais da saúde mental (algúns dos cales asistiron a reunións de DOB e Mattachine, dicíndolle aos asistentes que eran anormais).Marcus, p. 80–88. En 1965 Kameny, inspirado polo movemento afroamericano de dereitos civís,Adam, p. 71. organizou un piquete na Casa Branca e noutros edificios gobernamentais para queixarse da discriminación laboral que sufrían. Os piquetes causaron unha forte impresión entre moitos homosexuais, aínda que non lle gustaron a algúns dos líderes de Mattachine e DOB.Marcus, p. 105–108. Ao mesmo tempo, as manifestacións dos movementos feministas e de dereitos humanos e a oposición á guerra de Vietnam foron aumentando en prominencia, frecuencia e seriedade ao longo da década de 1960, á vez que os enfrontamentos coa policía.Adam, p. 72–73.