Diogo Ferreira Salomão, nado en Amadora o 14 de setembro de 1988, é un futbolista portugués. Xoga de extremo e o seu equipo actual é o CD Santa Clara.

Traxectoria Formado na canteira do Estrela Amadora e Casa Pia, debutou con este último na tempada 2008–09 na Terceira División de Portugal. Na tempada 2009–10 foi contratado polo Real Massamá da Segunda División portuguesa, participando en 26 encontros. Na tempada 2010–11 foi contratado polo Sporting de Lisboa, debutando na Primeira División de Portugal e participando na UEFA Europa League, onde xogou 6 encontros e conseguiu dous goles.

Na tempada 2011–12 foi cedido, sen opción de compra, ao Deportivo da Coruña por unha campaña."El Deportivo cierra un acuerdo verbal con Salomao y el Sporting" En xuño de 2012 renovouse a cesión por unha tempada máis.

Selección nacional Salomão debutou como internacional coa Selección de Portugal sub-21 no ano 2010.

Palmarés Deportivo Segunda División: 2011–12

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en ceroacero.es Datos do xogador en foradejogo.net

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no distrito de Lisboa Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting Clube de Portugal Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Sporting Clube de Portugal B Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do FC Dinamo București‎ Categoría:Xogadores do FC Steaua București‎ Categoría:Xogadores do CD Santa Clara Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal sub-21