miniatura|dereita|A ADN ligase I é un exemplo de ligase. En bioquímica, unha ligase (do latín ligāre, unir, colar) é un encima que cataliza a unión de dúas moléculas grandes formando entre elas un novo enlace químico, xeralmente coa hidrólise simultánea dun grupo fosfato do ATP ou outro nucleósido, que cede a enerxía necesaria para que a reacción teña lugar. En xeral, unha ligase cataliza a seguinte reacción:

Ab + C → A–C + b

ou ás veces

Ab + cD → A–D + b + c

onde as letras en minúscula simbolizan os grupos químicos pequenos hidrolizados.

Nomenclatura O nome común dos encimas deste tipo inclúe xeralmente a palabra ligase, por exemplo, ADN ligase. Outro nome común usado para as ligases é o de sintetases, porque se usan para sintetizar novas moléculas, ou carboxilases, se engaden CO2 á molécula formando un grupo carboxilo.

Antes na nomenclatura distinguíase entre sintetase e sintase. As sintases (que son liases) non gastaban enerxía do ATP ou doutro nucleósido similar para catalizar, mentres que as sintetases (que son ligases) si a gastaban.

Clasificación As ligases clasifícanse como EC 6 en canto ao seu número EC da clasificación dos encimas. Dentro das ligases distínguense seis subclases, que son:

EC 6.1. Son as ligases que que forman enlaces carbono-osíxeno. EC 6.2. Son as que forman enlaces carbono-xofre. EC 6.3. Son as que forman enlaces carbono-nitróxeno (incluíndo a arxininosuccinato sintetase). EC 6.4. Son ligases que forman enlaces carbono-carbono. EC 6.5. Forman enlaces de tipo éster fosfórico. EC 6.6. Forman enlaces nitróxeno-metal.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Encima

Ligazóns externas EC 6 Introduction do Department de Química da Queen Mary, Universidade de Londres. Wiki Answers - diferenza entre sintetase e sintase.

Categoría:Ligases