Marcus Terrell Thornton, nado o 5 de xuño de 1987 en Baton Rouge, Louisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Beijing Ducks da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria Instituto e universidade Fixo 27 puntos e capturou 6.5 rebotes por partido no seu ano como sénior no Tara High School en Baton Rouge, Louisiana. Tras acabar o instituto xogou dous anos na Univerisdade de Kilgore, en Kilgore, Texas. Completou a súa carreira universitaria na universidade de Louisiana State (LSU), onde foi nomeado Xogador do Ano da Conferencia Sueste.

NBA Thornton foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Miami Heat, pero os seus dereitos foron traspasados aos New Orleans Hornets. O 23 de febreiro de 2010, Thornton anotou 23 puntos nun cuarto, a mellor marca da franquía dos Hornets. Rematoue ese partido con 37 puntos. Ao remate da tempada, foi incluído no segundo equipo de rookies da NBA. O 23 de febreiro de 2011, Thornton foi traspasado aos Sacramento Kings a cambio de Carl Landry. O 14 de marzo de 2011, Thornton anotou 42 puntos, a máxima anotación na súa carreira, contra os Golden State Warriors. O 9 de decembro de 2011, Thornton asinou un contrato por 5 anos e 40 millóns de dólares cos Kings.

O 19 de febreiro de 2014, os Kings traspasaron a Thornton ós Brooklyn Nets a cambio de Jason Terry e Reggie Evans. O 10 de xullo de 2014, foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Celtics, os Cleveland Cavaliers e os Nets.Celtics Complete Three-Team Trade O 19 de febreiro de 2015, Thornton foi traspasado xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2016 ós Phoenix Suns, a cambio de Isaiah Thomas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Baton Rouge, Luisiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Washington Wizards