Manuel Dourado Deira, nado no Araño (Rianxo) o 30 de agosto de 1929 e finado no mesmo concello o 26 de decembro de 2012, foi un escritor galego.

Traxectoria Naceu no seo dunha humilde familia labrega, practicando a labranza na casa de seus pais até a puberdade. Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo tamén o título de Licenciado en Dereito na mesma Universidade. Foi profesor de EXB no colexio Castelao de Rianxo.

Ten exercido tamén o periodismo, particularmente o de opinión, en medios como Faro de Vigo e La Voz de Galicia, e desde 1988, en El Correo Gallego, O Correo Galego e Galicia Hoxe. Foi membro do Consello de Redacción de Encrucillada.

Obras Ensaio Conversas con Teresa Castelao (Anecdotario dun século de vida), 1999, Sotelo Blanco. A Mestresa da Casa-Museo: Unha Rosalía rediviva, sobre Maruxa Villanueva, 2009, Deputación da Coruña. O primeiro retorno de Castelao, 2014, Axóuxere Editora.

Obras colectivas Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939), 2006, Xerais.

Premios Premio de periodismo Ruta Xacobea no 1991.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2012