Gregory Keith Monroe, Jr., nado o 4 de xuño de 1990 en Harvey, Luisiana, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional Monroe foi elixido na 7ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Detroit Pistons. O 7 de xullo de 2010, Monroe asinou polos Pistons.Pistons sign Monroe Fixo o seu debut na NBA o 30 de outubro de 2010 contra os Chicago Bulls. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 10 de decembro de 2010 contra os Minnesota Timberwolves. Nese partido, Monroe anotou 8 puntos, capturou 15 rebotes e fixo un tapón en 35 minutos de xogo.
Monroe rematou na sexto posición no galardón ao Rookie do Ano da NBA, moi preto de Gary Neal dos San Antonio Spurs, quinto clasificado.
O 9 de xullo de 2015, Monroe asinou un contrato de tres anos e 50 millóns de dólares cos Milwaukee Bucks.
O 7 de novembro de 2017, Monroe foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións do Draft ós Phoenix Suns a cambio de Eric Bledsoe. O 1 de febreiro de 2018, foi cortado polos Suns.
O 8 de febreiro de 2018, Monroe asinou cos Boston Celtics.
O 10 de agosto de 2018, Monroe asinou cos Toronto Raptors. O 7 de febreiro de 2019, Monroe foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Brooklyn Nets, pero foi cortado inmediatamente polos Nets.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Shanxi Loongs Categoría:Xogadores dos Osos de Manatí Categoría:Xogadores dos Sichuan Blue Whales