miniatura|dereita|A fosfoglicomutase é un exemplo de isomerase, que transforma a glicosa-1P no seu isómero glicosa-6P. En bioquímica unha isomerase é un encima que cataliza a redistribución estrutural dunha molécula, orixinando outra que isómera da primeira. As isomerases catalizan reaccións do tipo:

A → B

onde B é un isómero de A.

Nomenclatura Os nomes das isomerases están formados por substrato + isomerase (por exemplo, enoil CoA isomerase), ou por substrato + tipo de isomerase (por exemplo, fosfoglicomutase).

Clasificación As isomerases catalóganse como EC 5 en canto ao número EC para a clasificación dos encimas. Subdivídense nas seguintes seis subclases: EC 5.1. Isomerases que catalizan racemizacións (racemases) e epimerizacións (epimerases). EC 5.2. Isomerases que catalizan a isomerización de isómeros xeométricos (isomerases cis-trans). EC 5.3. Inclúe as oxidorredutases intramoleculares. EC 5.4. Inclúe as transferases intramoleculares (mutases). EC 5.5. Inclúe as liases intramoleculares. EC 5.99. Inclúe outras isomerases, como as topoisomerases.

Notas EC 5 Introduction do Departmento de Química do Queen Mary, Universidade de Londres. isomerase." Dorland's Medical Dictionary for Health Consumers. 2007. Saunders, an imprint of Elsevier, Inc 6 Nov. 2009 isomerase." Webster's New World College Dictionary. LoveToKnow, n.d. Web. 6 de novembro de 2009.

Véxase tamén Ligazóns externas GoPubMed: Top authors, journals, places publishing on Isomerases

Categoría:Isomerases