Chachoengsao (en ) é unha das setenta e seis provincias que conforman a organización territorial de Tailandia, localizada na Rexión Central. A súa capital é a cidade de Chachoengsao.

Xeografía

Na parte oeste da provincia, río abaixo, atópase a chaira do río Bang Pa Kong, que se emprega profusamente para o cultivo de arroz. Cara ao leste o terreo é máis accidentado, cunha altura media de máis de 100 metros sobre o nivel do mar. Limita coas provincias tailandesas de, empezando polo norte e seguindo o sentido dos agullas do reloxo: Prachin Buri, Sa Kaeo, Chanthaburi, Chon Buri, Samut Prakan, Bangkok, Pathum Thani e Nakhon Nayok. Tamén ten unha pequena porción de límite no Golfo de Tailandia.

Símbolos miniatura|esquerda|Selo provincial O selo provincial mostra a fachada principal do templo de Sothornvararamvoraviharn. Nesta fachada atópase a estatua de Buda máis importante da provincia, denominada Luang Por Buddha Sothorn.

A árbore da provincia é a Peltophorum dasyrachis, asignada pola raíña Sirikit no 50º aniversario da coroación do Rei Rama IX no 2000. A flor da provincia é a Peltophorum pterocarpum.

O lema provincial é: "O abundante río Bang Pakong, a sagrada imaxe de Buda de Luangpho Sothon, Phraya Si Sunthon o erudito da lingua tailandesa, e o inmaculado bosque de Ang Rue Nai".

Distritos dereita|miniatura|250px|Distritos da provincia. A provincia está subdividida en 10 distritos (amphoes) e 1 subdistrito (king amphoe). Os distritos e o subdistrito son divididos á súa vez en 93 comunas (tambons) e estas, en 859 poboados (moobans).

AmphoeKing Amphoe Chachoengsao Bang Khla Bang Nam Priao Bang Pakong Ban Pho<li>Phanom Sarakham <li>Ratchasan <li>Sanam Chai Khet <li>Plaeng Yao <li>Tha Takiap<li>Khlong Khuean

Chachoengsao