Georgios Dedas (en grego: Γιώργος Δέδας, tamén: Giorgos Dedas), nado o 2 de xaneiro de 1980, é un ex xogador profesional de baloncesto grego. Cunha altura de 2,00 metros, xogaba na posición de ala.

Traxectoria Debutou como profesional nas filas do Ment da A2, división de prata de Grecia, o seu país natal. Na tempada 2003-04 asinaría polo Iraklis de Tesalónica da A1 Ethniki, onde permaneceu até que o Breogán Lugo da liga LEB Ouro o fichase en 2006 para substituír o lituano Zavackas. Antes, fora un dos integrantes da selección nacional grega nos Xogos Mediterráneos de 2005.

Na tempada 2007-08 ficha polo Beirasar Rosalía, tamén de LEB Ouro, equipo ao que axuda a chegar aos playoffs de ascenso á liga ACB. Unha tempada máis tarde, no mesmo equipo non pode evitar o descenso tras unha serie de malos resultados deportivos.

En xullo de 2009 chega a un acordo co Cáceres 2016 da mesma categoría para reforzar o perímetro acompañando a Lucio Angulo, Francis Sánchez e Xavi Forcada, onde se converteu no xogador máis efectivo do equipo máis aló da liña de 6,75. En agosto de 2010 confírmase o seu regreso ao baloncesto heleno tras acandar un acordo co PAOK Thessaloniki da A1 Ethniki.

Equipos 20px|border|Grecia Ment (1999-2003) 20px|border|Grecia Iraklis Thessaloniki (2003-2006) 20px|border|Galicia Breogán Lugo (2006-2007) 20px|border|Galicia Beirasar Rosalía (2007-2009) 20px|border|España Cáceres (2009-2010) 20px|border|Grecia PAOK Thessaloniki (2010-2011) 20px|border|Grecia Rethymno B.C. (2011-2012) 20px|border|Grecia PAOK Thessaloniki (2012-2016)

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en feb.es Perfil na web oficial do PAOK

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados na periferia de Macedonia Oriental e Tracia Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Grecia Categoría:Xogadores do Iraklis Thessaloniki BC‎ Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do CB Rosalía de Castro Categoría:Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do PAOK Tesalónica BC‎