Karl John Geary, nado o 31 de maio de 1972 en Dublín, é un actor irlandés de cine, televisión e teatro.
Traxectoria Emigrou a Estados Unidos á idade de quince anos en 1987 e actualmente é un cidadán estadounidense. Ten sete irmáns e irmás. Apareceu no libro de Madonna chamado Sex. Os seus papeis en televisión e cinema inclúen títulos como Sex and the City, Hysteria – The Def Leppard Story, e no 2001 Hamlet. No 2003 escribiu o guión do filme Coney Island Baby e no 2008 fixo de Coffey, o papel princial do filme The Burrowers.
Vida persoal No ano 2003, casou coa actriz escocesa Laura Fraser. Teñen unha filla en común e actualmente viven en Brooklyn.
Filmografía Stag Night (2008) - Joe The Burrowers (2008) - Coffey Coney Island Baby (2003) - Billy Hayes Hysteria - The Def Leppard Story (2001) - Steve Clark Hamlet (2000) - Horatio The Book of Stars (2000) - Kristjan Nadja (1994) - Renfield
Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Actores de televisión de Irlanda Categoría:Actores de teatro de Irlanda Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Dublín