Marlon Lee Maxey, nado o 19 de febreiro de 1969 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense formado nas Universidades de Minnesota e UTEP. Foi elixido no Draft da NBA de 1992 polos Minnesota Timberwolves, onde xogou dúas tempadas. Logo xogaría ao Breogán de Lugo e xogaría xa o resto da súa carreira en Europa, principalmente na liga grega. Cunha altura de 2,05 metros xogaba na posición de ala-pivote.
Traxectoria Universidade Tras pasar un ano no que apenas xogou cos Golden Gophers da Universidade de Minnesota,Estatísticas de maxley en TDR xogou durante tres tempadas máis cos Miners da Universidade de Texas-El Paso, nas que fixo unha media de 12,1 puntos e 6,8 rebotes por partido. Na súa última tempada foi incluído no mellor quinteto da Western Athletic Conference.
Profesional Foi elixido na vixésimo oitava posición do Draft da NBA de 1992 polos Minnesota Timberwolves,1992 NBA Draft cos que asinou por catro tempadas, aínda que finalmente só disputaría dous cos Wolves, sempre como un dos últimos xogadores en saír á pista. A súa mellor campaña foi a primeira, na que fixo unha media de 5,4 puntos e 3,8 rebotes por partido.
Tras quedar sen equipo, xa en 1995 márchase a xogar ao baloncesto europeo, fichando polo Breogán de Lugo, da liga ACB, onde acaba a tempada cunha media de 19,3 puntos e 8,8 rebotes por partido. Tamén conseguiría o récord da ACB de mates nun só partido (compatido con Maceo Baston) tras conseguir facer oito contra o Coren Ourense. Ao ano seguinte marcharíase a xogar á liga grega, onde permanecería catro tempadas en tres equipos diferentes, o Gymnastikos S. Larissas, o Peristeri e o Iraklis Thessaloniki.
En 1999 ficha polo ASVEL Lyon-Villeurbanne da liga francesa, regresando ao ano seguinte á ACB da man do Lucentum Alicante, pero só disputa 9 partidos antes de ser cortado, promediando 11,1 puntos e 6,1 rebotes. Acabaría a tempada e a súa carreira deportiva no Galatasaray da liga turca.
Equipos 20px|border|Estados Unidos Minnesota Timberwolves (NBA, 1992–1994) 20px|border|Galicia Breogán Lugo (ACB, 1995) 20px|border|Grecia Gymnastikos S. Larissas (A1, 1995–1996) 20px|border|Grecia Peristeri (A1, 1996−1997) 20px|border|Grecia Iraklis Thessaloniki (A1, 1996−1997) 20px|border|Grecia Peristeri (A1, 1998−1999) 20px|border|Francia ASVEL Villeurbanne (LNB, 1999−2000) 20px|border|España Lucentum Alicante (ACB, 2000−2001) 20px|border|Turquía Galatasaray (TBL, 2001)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web oficial da ACB
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Gymnastikos S. Larissas Categoría:Xogadores do Peristeri BC Categoría:Xogadores do Iraklis Thessaloniki BC Categoría:Xogadores do ASVEL Lyon-Villeurbanne Categoría:Xogadores do CB Lucentum Alicante Categoría:Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto)