Tobias John Harris, nado o 15 de xullo de 1992 en Islip, Nova York, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria O 23 de xuño de 2011, Harris foi elixido na 19ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Charlotte Bobcats. Foi traspasado inmediatamente despois aos Milwaukee Bucks nun traspaso entre os Bucks, os Charlotte Bobcats e os Sacramento Kings.
O 21 de febreiro de 2013, Harris foi traspasado ós Orlando Magic xunto a Doron Lamb e Beno Udrih, a cambio de J.J. Redick, Gustavo Ayón e Ish Smith. Os seus minutos de xogo incrementáronse notablemente en Orlando, e triplicou o seu número de puntos por partido, e cuadruplicou o de rebotes, asistencias e tapóns por encontro. O 14 de xullo de 2015, Harris renovou cos Magic cun contrato de catro anos e 64 millóns de dólares.
O 16 de febreiro de 2016, Harris foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Ersan İlyasova e Brandon Jennings.
O 29 de xaneiro de 2018, Harris foi traspasado ós Los Angeles Clippers xunto a Avery Bradley, Boban Marjanović e dúas futuras eleccións do Draft, a cambio de Blake Griffin, Willie Reed e Brice Johnson.
O 6 de febreiro de 2019, Harris foi traspasado xunto a Mike Scott e Boban Marjanović ós Philadelphia 76ers a cambio de Mike Muscala, Wilson Chandler, Landry Shamet e unha futura elección do Draft.Harris traded to Sixers in multi-player deal with Clippers
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados no condado de Suffolk, Nova York Categoría:Nados en 1992 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers