Naruto the Movie 3: Guardians of the Crescent Moon Kingdom (大興奮!みかづき島のアニマル騒動だってばよ! Dai Kōfun! Mikazuki-jima no Animaru Panikku Dattebayo!) é un filme de animación xaponés dirixido por Toshiyuki Tsuru e escrito por Junki Takegami que se estreou no 2006. É o terceiro filme baseado no anime e manga Naruto creado por Masashi Kishimoto. É o derradeiro da serie de filmes de Naruto anteriores a Naruto: Shippūden.

Sinopse Cronoloxicamente o filme está situado antes da partida de Naruto con Jiraiya.

Trata dunha misión que lle asignan ó equipo de Kakashi só que, para substituír a Sasuke, con eles vai Rock Lee.

A misión consiste en que teñen que protexer ó príncipe do País da Lúa, un país moi rico. No transcurso da misión Naruto coñece ó fillo do Príncipe, Hikaru, quen é moi molesto e desagradable ó principio, xa que el pensa que ter soños é de estúpidos e que todo se pode mercar, mesmo os amigos.

Nunha das súas paradas chegan a un circo, o cal é mercado polo Príncipe xa que o cativo quería un tigre siberiano, e o pai encariñárase co circo.

Logo dunha gran treboada onde a embarcación se ve obrigada a diminuír a carga, o neno ármase de valor e decide rescatar ó tigre da súa gaiola. Porén, a gran treboada fai que caia ó mar xunto coa gaiola, pero é rescatado por Naruto. Ó día seguinte Naruto recoñece o seu valor por salvar ó tigre e fai a promesa (xunto con Sakura e Rock Lee) de seren amigos por sempre.

Ó chegar ó País da Lúa, o príncipe vai ó pazo de seu pai pero estráñase de non ver a ninguén e de non ser recibido polo seu pai. De súpeto, son atacados polos soldados de Shabadaba, quen quere facerse rico facéndose coas fortunas do país. O grupo de Kakashi intervén; Naruto, Sakura e Rock Lee, protexendo ó príncipe e ó seu fillo, e Kakashi axudando a que puidesen fuxir do pazo.

Shabadaba tamén contratou os servizos de tres ninjas (Ishidate, Kongou e Karenbana) para facilitar o seu ascenso ó poder e encárgalles a misión de eliminar o príncipe e ó seu fillo para poder el quedar co trono.

Personaxes Personaxe Voz xaponés Naruto Uzumaki Junko Takeuchi Sakura Haruno Chie Nakamura Rock Lee Yōichi Masukawa Kakashi Hatake Kazuhiko Inoue Tsunade Masako Katsuki Hikaru Tsuki Kyōsuke Ikeda Michiru Tsuki Akio Ōtsuka Korega Kenji Hamada Amayo Marika Hayashi Shabadaba Umeji Sasaki Ishidate Masashi Sugawara Kongo Hisao Egawa Karenbana Haruhi Terada Kakeru Tsuki Rokuro Naya

Véxase tamén Outros artigos Naruto the Movie: Ninja Clash in the Land of Snow Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel Naruto: Shippūden the Movie Naruto Shippūden 2: Bonds Naruto Shippūden 3: Inheritors of the Will of Fire Naruto Shippūden 4: The Lost Tower Naruto Shippūden 5: Blood Prison

Ligazóns externas Ficha en Filmaffinity Ficha na IMDb

Categoría:Filmes de Naruto Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón