O adenosín difosfato, ou ADP, é un nucleósido difosfato con fórmula C10H15N5O10P2 presente no ARN (no ADN está presente a desoxiADP). É un éster do ácido fosfórico (do que hai dúas unidades) co nucleósido adenosina. O ADP consta dun pirofosfato (formado por dous fosfatos), un azucre de 5 carbonos, a ribosa, e a base nitroxenada adenina.

O ADP é o produto da desfosforilación do ATP por acción das ATPases. O ADP pode converterse de novo en ATP pola acción das ATP sintases. O ATP é unha molécula importante na transferencia de enerxía na célula.Nave, C.R. Adenosine Triphosphate. Georgia State University: Hyper Physics [serial on the Internet]. 2005 [cited 2007 December 7]. Available from: http://hyperphysics.phy-astr.gsu.edu/hbase/biology/atp.html A conversión destas dúas moléculas xoga un papel fundamental para fornecer enerxía a todos os procesos da vida. A rotura dun enlace anhidro entre os fosfatos do ATP xera aproximadamente 7,3 kcal por mol de ATP.Farabee, M.J. The Nature of ATP. ATP and Biological Energy [serial on the Internet]. 2002 [cited 2007 December 7]. Available from: http://www.emc.maricopa.edu/faculty/farabee/BIOBK/BioBookATP.html Coa enerxía liberada pola respiración aerobia mitocondrial dos nutrientes o ADP pode ser cargado con outro fosfato e transformado en ATP. Durante a fase luminosa da fotosíntese a enerxía da luz convértese en enrxía do enlace fosfato (fotofosforilación) convertendo ADP en ATP.

Nas plaquetas o ADP almacénase en corpos densos e libérase cando as plaquetas se activan. O ADP interacciona cunha familia de receptores do ADP que se encontran nas plaquetas, chamados P2Y1, P2Y12 e P2X1, que interveñen na activación das plaquetas.Murugappa S, Kunapuli SP, "The role of ADP receptors in platelet function", Front Biosci., 2006, 11:1977-86 No sangue o ADP convértese en adenosina pola acción de ecto-ADPases, o que inhibe unha posterior activación das plaquetas por medio dos receptores de adenosina.

Sábese que nucleótidos illados (ADP) teñen a capacidade de catalizar reaccións orgánicas. Isto ten importancia en estudos de estados prebióticos sobre a hipótese do mundo de ARN sobre a orixe da vida na Terra.

Véxase tamén Nucleósido Nucleótido ADN ARN ATP AMP

Notas

Categoría:Nucleótidos Categoría:Ácidos nucleicos