Galicia Humorística foi un periódico rexionalista que se publicou en Santiago de Compostela en 1888.

Historia e características Subtitulado Revista quincenal de costumbres, cuentos, agudezas, anécdotas y tipos gallegos (...) y geroglíficos, tiña unha periodicidade quincenal. O primeiro número apareceu o 15 de xaneiro de 1888. Estaba dirixido por Enrique Labarta Pose, e contou con colaboracións de Alfredo Brañas, Antonio de la Iglesia e Manuel Amor Meilán. Cesou a súa edición no mes de agosto de 1888. Foi continuado en 1890 por La Pequeña Patria.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Índices na Hemeroteca da Deputación de Pontevedra en Internet Archive.

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1888 en Galicia Categoría:Enrique Labarta Pose Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Revistas humorísticas