miniatura|dereita|Estrutura química miniatura|dereita|100px|Fórmula da metionina ionizada. miniatura|dereita|Modelo tridimensional
A metionina (abreviada como Met ou M) é un α-aminoácido coa fórmula química HO2CCH(NH2)CH2CH2SCH3, que forma parte das proteínas, polo que é un aminoácido proteinoxénico. É un aminoácido esencial cunha cadea lateral neutra non polar e con xofre. O seu punto isoeléctrico é 5,74.
Función miniatura|esquerda|O ciclo de Yang ou ciclo da metionina.
Xunto coa cisteína, a metionina é un dos aminoácidos proteicos que conteñen xofre. O seu derivado, a S-adenosilmetionina (SAM), serve como doante metilos. A metionina é un intermediario na biosíntese da cisteína, a carnitina, a taurina, a lecitina, a fosfatidilcolina e outros fosfolípidos. Unha conversión defectuosa da metionina pode causar ateroesclerose.
Este aminoácido úsano as plantas para a síntese de etileno. Este proceso coñécese como ciclo de Yang ou o ciclo da metionina.
A metionina está codificada por un só codón do código xenético, o AUG. Como este codón funciona tamén como codón de iniciación, todas as proteínas eucariotas e de arqueas empezan a traducirse empezando por metionina, aínda que modificacións postraducionais poden eliminala despois. Nas bacterias as proteínas empezan por N-formilmetionina.
Biosíntese A metionina é un aminoácido esencial, polo que non pode ser sintetizado polos humanos, e debe inxerirse na dieta. Nas plantas e microorganismos, a metionina sintetízase por unha vía que utiliza tanto ácido aspártico coma cisteína. Primeiro, o ácido aspártico convértese, vía β-aspartil-semialdehido, en homoserina, introducindo un par de grupos metilenos contiguos. A homoserina convértese en 0-succinilhomoserina, a cal reacciona coa cisteína para producir cistationina, que é escindida para dar paso á homocisteína. A posterior metilación do grupo tiol por folatos orixina a metionina. Tanto a cistationina-γ-sintetase coma a cistationina-β-sintetase requiren piridoxil-5’-fosfato como cofactor, mentres que a homocisteína metiltransferase require vitamina B12 como cofactor.
Os encimas que participan na biosíntese da metionina son:
Aspartoquinase β-aspartato semialdehido deshidroxenase homoserina deshidroxenase homoserina acetiltransferase cistationina-γ-sintetase cistationina-β-liase metionina sintetase (en mamíferos, este paso é efectuado pola homocisteína metiltransferase)
miniatura|centro|800px|Resumo metabólico da metionina. miniatura|dereita|400px|(S)-metionina (esquerda) e (R)-metionina (dereita) en forma zwitteriónica a pH neutro.
Encimas:
EC 2.1.1.- Metil Transferases SAM dependientes EC 2.1.1.5 Betaína-homocisteína S-metiltransferase EC 2.1.1.13 Metionina sintase EC 2.3.1.30 Serina acetiltransferase EC 2.3.1.46 Homoserina O-succiniltransferase EC 2.5.1.6 Metionina adenosiltransferase EC 2.5.1.47 Cisteína sintase EC 2.5.1.48 Cistationina γ-sintase EC 3.3.1.1 S-Adenosilhomocisteína hidrolase EC 4.1.1.57 Metionina descarboxilase EC 4.2.1.22 Cistationina-β-sintase EC 4.4.1.1 Cistationina γ -liase EC 4.4.1.8 Cistationina-β-liase
Sínteses A metionina racémica pode sintetizarse a partir do dietil sodio ftalimidomalonato por alquilación con cloroetilmetilsulfuro (ClCH2CH2SCH3) seguido de hidrólise e descarboxilación.
Degradación Na súa degradación oxidativa a metionina orixina succinil-CoA, polo que é un aminoácido glicoxénico.
Outras vías bioquímicas Aínda que os mamíferos non poden sintetizar metionina, esta pode utilizarse en diversas vías bioquímicas:
Xeración de homocisteína A metionina convértese en S-adenosilmetionina (SAM) por acción da metionina adenosiltransferase.
A S-adenosilmetionina serve como doante de metilos en moitas reaccións de metiltransferase e convértese en S-adenosilhomocisteína (SAH).
A Adenosilhomocisteinase converte a S-adenosilhomocisteína en homocisteína.
A homocisteína pode ter dous destinos: pode usarse para rexenerar a metionina, ou para formar cisteína.
Rexeneración da metionina A metionina pode rexenerarse a partir da homocisteína por acción da metionina sintase.
A homocisteína pode tamén remetilarse usando glicina betaína (NNN-trimetil glicina, TMG) a metionina pola acción do encima betaína-homocisteína metiltransferase (E.C.2.1.1.5, BHMT). Este encima supón o 1,5% de todas as proteínas solubles do fígado, e probas recentes suxiren que pode ter unha influencia maior ca a metionina sintase sobre a homeostase da metionina e homocisteína.
Conversión a cisteína A homocisteína pode converterse en cisteína.
Cistationina-β-sintase (un encima PLP-dependente) combina a homocisteína e a serina para producir cistationina. Esta, en lugar de degradarse vía cistationina-β-liase, como na vía biosintética, escíndese en cisteína e α-cetobutirato por medio da cistationina-γ-liase. O encima α-cetoácido deshidroxenase converte o α-cetobutirato en propionil-CoA, o cal se metaboliza a succinil-CoA nun proceso en tres pasos.
Biosíntese de poliaminas
As poliaminas espermina e espermidina requiren a transferencia dun sustituínte 3-aminopropil ao nitróxeno dunha molécula de putrescina ou de espermina. Dito grupo obtense por descarboxilación da S-adenosilmetionina (SAM). Cando se sintetiza a espermina ou a espermidina, o S-metiltiorribósido sofre unha serie de transformacións de tal maneira que se recupere a metionina. Dita vía coñécese como Vía de salvamento da metionina ("Methionine Salvage Pathway") miniatura|centro|800px|Vía de salvamento da metionina
Encimas: EC 1.13.11.54 Acirreductona dioxixenase dependente de ferro (II). EC 1.13.11.53 Acirreductona dioxixenase dependente de níquel (II) EC 2.5.1.22 Espermina sintase EC 2.6.1.5 Tirosina transaminase (tamén pode transaminar metionina) EC 2.7.1.100 S-Metil-5-tiorribosa quinase EC 3.1.3.77 Acirredutona sintase EC 3.2.2.16 Metiltioadenosina nucleosidase EC 4.1.1.50 S-Adenosilmetionina descarboxilase EC 4.2.1.109 Metiltiorribulosa 1-fosfato deshidratase EC 5.3.1.23 S-metil-5-tiorribosa-1-fosfato isomerase
Outras biosínteses
A metionina está implicada na biosíntese de etileno,http://www.enzyme-database.org/reaction/misc/ethene.html a nicotianamina,http://www.enzyme-database.org/reaction/misc/nicotian.html as salinosporamidas e varios glicosinolatoshttp://www.plantphysiol.org/cgi/reprint/86/2/319.pdf tales como a sinigrina, a glicoqueirolina, a glicoerucina, a glicoiberina, a glicoiberverina, a glicorrafanina e o sulforrafano
Aspectos dietéticos
Podemos atopar niveis bastante altos de metionina nas sementes de sésamo, noces do Brasil, peixe , carne e outras sementes. Existen numerosas froitas e vexetais que apenas conteñen metionina. A maioría dos legumes, ten unha cantidade moi baixa de metionina. É costume frecuente en moitas partes do mundo a combinación de alimentos que complementan a súa composición en aminoácidos, como cereais (con metionina) e legumes (con lisina).
A metionina racémica adoita engadirse como ingrediente á comida para mascotas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cisteína Ciclo da metionina N-formilmetionina
Ligazóns externas Methionine Metionina Health Library
Categoría:Aminoácidos Categoría:Aminoácidos esenciais Categoría:Aminoácidos glicoxénicos