Rise Against é unha banda estadounidense de punk rock procedente de Chicago, Illinois e formada en 1999. Na actualidade está composta por Tim McIlrath (voces, guitarra), Zach Blair (guitarra, coros), Joe Principe (baixo, coros) e Brandon Barnes (batería, percusión).
Rise Against pasou os seus primeiros cinco anos co selo independente Fat Wreck Chords, a través do cal editou dous álbums de estudio, The Unraveling (2001) e Revolutions per Minute (2003). Ámbolos dous tiveron un éxito considerable no underground, e no ano 2003 o grupo asinou un contrato con Geffen.
A súa estrea cunha grande discográfica, Siren Song of the Counter Culture, fixo que a banda conseguise éxito entre o grande público. O seu cuarto álbum de estudio, The Sufferer & the Witness estreouse no número 10 da lista Billboard 200 e tivo moi boas críticas. O quinto traballo, Appeal to Reason, apareceu en outubro do 2008 e estreouse no número 3 da Billboard 200. Os tres álbums editados por Geffen foron certificados platino no Canadá e ouro nos Estados Unidos.
A banda é coñecida polas súas letras políticas e o seu activismo, promovendo activamente os dereitos dos animais, sendo todos os seus membros straight edge (agás Barnes), apoian a PETA e son vexetarianos. Rise Against recentemente gravou o seu sexto álbum, Endgame at The Blasting Room, en Fort Collins, e foi editado o 15 de marzo do 2011.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo The Unraveling 2001 Fat Wreck Chords Revolutions per Minute 2003 Fat Wreck Chords Siren Song of the Counter Culture 2004 Geffen Records The Sufferer & the Witness 2006 Geffen Records Appeal to Reason 2008 DGC, Interscope Endgame 2011 DGC, Interscope The Black Market 2014 Interscope Wolves 2017 Virgin Records Nowhere Generation 2021 Loma Vista Recordings
EPs AOL Undercover - 2007 (Geffen Records) This Is Noise - 2007 (Geffen Records) Rise Against 7" - 2009 (Fat Wreck Chords) Join the Ranks - 2011 (Fat Wreck Chords)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de hardcore melódico Categoría:Grupos musicais de Chicago, Illinois Categoría:Grupos musicais formados en 1999 Categoría:Artistas de Fat Wreck Chords