Paramore é unha banda estadounidende de rock alternativo procedente de Franklin, Tennessee, formada no ano 2004. O grupo cofórmano a vocalista Hayley Williams, o baixista Jeremy Davis e o guitarrista Taylor York. Paramore editou o seu álbum de estrea, All We Know Is Falling, no 2005, e o seu segundo traballo, Riot!, no 2007, sendo este certificado platino nos Estados Unidos e ouro en Australia, o Canadá, Nova Zelandia e o Reino Unido. Brand New Eyes, o seu terceiro álbum, foi publicado no 2009 e proporcionoulle á banda os seus mellores postos nas listas ata a data.
Discografía Álbum Ano Selo All We Know Is Falling 2005 Fueled by Ramen Riot! 2007 Fueled by Ramen Brand New Eyes 2009 Fueled by Ramen Paramore 2013 Fueled by Ramen, Warner After Laughter 2017 Fueled by Ramen This Is Why 2023 Atlantic Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais de Tennessee Categoría:Grupos musicais formados en 2004