O UNICS Kazan (en ruso: УНИКС Казань) é un club profesional de baloncesto da cidade de Kazán, Rusia. Actualmente compite na PBL, a máxima competición do baloncesto ruso, así como na VTB United League (competición supranacional composta por equipos da antiga Unión Soviética) e, eventualmente, na Euroliga.

Disputa os seus partidos como local no Basket-Hall Arena, cunha capacidade para 7.500 espectadores. UNICS é a abreviatura de UNI(versidade), C(ultura), S(port, deporte). O seu presidente dende 1998 é Yevgeny Borisovich Bogachev, presidente do Banco Nacional da República de Tatarstán.

Palmarés Local 2 Copa de Rusia: 2003 e 2009.

Europeo 1 Eurocup Basketball: 2011. 1 FIBA Europe League: 2003. 1 North European Basketball League: 2003.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Unics Kazan Categoría:Equipos de baloncesto da Unión Soviética