O Campionato de Europa UEFA Sub-21, ou tamén coñecida como Eurocopa Sub-21 é unha competición de seleccións de fútbol de Europa, na cal participan xogadores menores de 21 anos.
Historia Esta creouse en 1967, e participaban as seleccións da categoría sub-23 -aínda que o formato funcionaba como no mundo do boxeo (os campións enfrontaban aos aspirantes)-, e as dúas nacións que predominaron o campionato nos seus inicios foron Bulgaria e a República de Iugoslavia. Con todo, recibían o nome de Challenge Cup de Seleccións Sub-23, que era a precursora da denominación Eurocopa Sub-21.
Despois pasou a chamarse Campionato Europeo Sub-23, e competían 23 nacións con oito grupos de clasificación. Os gañadores de cada sección pasaban a cuartos de final.
En 1976, a competencia realizouse oficialmente para xogadores menores de 21 anos, e o primeiro campión foi a República de Iugoslavia.
Hoxe o sistema de clasificatorias é o seguinte: as seleccións con máis baixa clasificación disputan unha rolda preliminar, a dobre partido, e os gañadores desa rolda acceden á fase clasificatoria, con 14 grupos de tres equipos cada un. Os líderes de grupo xogan os partidos de repesca entre si, e clasifícanse á fase final: a de grupos, que se conforma de dous grupos con catro seleccións cada unha.
As dúas primeiras escuadras clasifican ás semifinais, e os gañadores xogan a final.
Aínda que foi variando co transcurso das edicións, o torneo reparte catro prazas para xogar os Xogos Olímpicos. Unha é para o campión, e a outra é para o finalista, dependendo da súa participación na primeira rolda. A terceira é para o gañador do enfrontamento entre os mellores terceiros de grupo; e a outra é para o que finalice como o segundo mellor da fase grupal.
A selección que máis títulos gañou é a de Italia, que a conquistou en cinco ocasións, e é a única que a conseguiu en tres ocasións consecutivas.
Torneos predecesores Challenge Cup de Seleccións Sub-23 DataSede finalCampiónSubcampiónxuño de 1967Stara Zagoraborder|30pxBulgariaAlemaña Democráticasetembro de 1967Burgasborder|30pxBulgariaFinlandianovembro de 1967Plevenborder|30pxBulgariaChecoslovaquiaabril de 1968Sofíaborder|20px Bulgariaborder|30pxBulgariaPaíses Baixosoutubro de 1968Ruseborder|20px BulgariaIugoslaviaborder|30pxBulgariaXuño de 1969Novi SadIugoslaviaEspañanovembro de 1969ZrenjaninIugoslaviaSueciamarzo de 1970AtenasIugoslaviaborder|30pxGrecia
Campionato Europeo Sub-23 TempadaCampiónSubcampión1970/72ChecoslovaquiaUnión Soviética1972/74HungríaAlemaña Democrática1974/76Unión SoviéticaHungría
Campións 1976 - 1992 TempadaCampiónSubcampión1976/78DetallesIugoslaviaAlemaña Democrática1978/80DetallesUnión SoviéticaAlemaña Democrática1980/82DetallesInglaterraAlemaña Federal1982/84DetallesInglaterraEspaña1984/86DetallesEspañaItalia1986/88DetallesFranciaGrecia1988/90DetallesUnión SoviéticaIugoslavia1990/92DetallesItaliaSuecia
1994 - actualidade TempadaSede finalCampiónResultadoSubcampión1992/94DetallesItalia1:0(t.e.)Portugal1994/96DetallesItalia1:14:2 (pen.)España1996/98DetallesEspaña1:0Grecia1998/00DetallesItalia2:1República Checa2000/02DetallesRepública Checa0:03:1 (pen.)Francia2002/04DetallesItalia3:0Serbia2004/06DetallesPaíses Baixos3:0Ucraína2006/07DetallesPaíses Baixos4:1Serbia2008/09DetallesAlemaña4:0Inglaterra2009/11DetallesEspaña2:0Suíza2011/13Detalles
Palmarés Pos.PaísTítulosSubcampiónAnos campión 1 Italia 5 1 1992, 1994, 1996, 2000 e 2004 2 España 4 2 1986, 1998, 2011 e 2019 3 Inglaterra 2 1 1982 e 1984 4 Unión Soviética 2 0 1980 e 1990 5 Países Baixos 2 0 2006 e 2007 6 Iugoslavia 1 1 1978 Francia 1 1 1988 República Checa 1 1 2002 Alemaña 1 1 2009 10 Alemaña Democrática 0 2 Grecia 0 2 Serbia 0 2 13 Suecia 0 1 Portugal 0 1 Ucraína 0 1 Suíza 0 1
Xogadores Bota de Ouro 1978 - Vahid Halilhodžić - Iugoslavia 1980 - Anatoliy Demyanenko - Unión Soviética 1982 - Rudi Völler - Alemaña 1984 - Mark Hateley - Inglaterra 1986 - Manuel Sanchís - España 1988 - Laurent Blanc - Francia 1990 - Davor Šuker - Croacia 1992 - Renato Buso - Italia 1994 - Luís Figo - Portugal 1996 - Fabio Cannavaro - Italia 1998 - Francesc Arnau - España 2000 - Andrea Pirlo - Italia 2002 - Petr Čech - República Checa 2004 - Alberto Gilardino - Italia 2006 - Klaas-Jan Huntelaar - Países Baixos 2007 - Royston Drenthe - Países Baixos 2009 - Marcus Berg - Suecia 2011 - Adrián López - España
Véxase tamén Outros artigos Eurocopa de Fútbol Eurocopa de Fútbol Sub-19 Eurocopa de Fútbol Sub-17
Ligazóns externas Eurocopa Sub-21 en UEFA.com
Categoría:Eurocopa de Fútbol Sub-21