Beady Eye foi unha banda británica de rock formada en 2009 polo cantante Liam Gallagher, os guitarristas Gem Archer e Andy Bell, e o batería Chris Sharrock, todos eles antigos membros de Oasis. En 2013, o antigo guitarrista de Kasabian, Jay Mehler, uniuse á banda para tocar o baixo durante a xira. A banda formouse despois da ruptura de Oasis, tras a marcha do seu guitarrista Noel Gallagher.

A banda lanzou dous álbums de estudio: Different Gear, Still Speeding (2011) e BE (2013). Os dous alcanzaron o Top 5 nas listas británicas.

O 25 de outubro de 2014, Liam Gallagher anunciou a disolución de Beady Eye a través da súa conta en Twitter.Liam Gallagher says Beady Eye are 'no longer' Read more at http://www.nme.com/news/beady-eye/80649#15fFBFuFUcvWtkcB.99]

Discografía Álbums de estudio Different Gear, Still Speeding (2011) BE (2013)

Sinxelos "Bring the Light" - 2010 "Four Letter Word" - 2011 "The Roller" - 2011 "Millionaire" - 2011 "Across the Universe" (versión dos Beatles) - 2011 "The Beat Goes On" - 2011 "Second Bite of the Apple" - 2013 "Shine a Light" / "The World's Not Set in Stone" - 2013 "Iz Rite / Soul Love" - 2013

Membros Liam Gallagher – Voz (2009–2014) Gem Archer – Guitarra, baixo, teclado, coros (2009–2014) Andy Bell – Guitarra, baixo, teclado, coros (2009–2014) Chris Sharrock – Batería, percusión (2009–2014) Jay Mehler – Baixo (2013–2014)

Músicos en directo Matt Jones – Teclados (2010–2014) Jeff Wootton – Baixo (2010–2012) Paul Arthurs – Guitarra rítmica (2013)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Beady Eye en Facebook Beady Eye Collectors Beady Eye en MySpace.com

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de Manchester Categoría:Grupos musicais formados en 2009 Categoría:Grupos musicais separados en 2014