Surrogates é un filme estadounidense de ficción científica dirixido por Jonathan Mostow que se estreou no 2009.

Sinopse Ambientada nun mundo futurista onde os humanos viven illados en interacción con robots, un policía (Bruce Willis) verase forzado a abandonar o seu fogar por primeira vez en anos para unha investigación. Todo comeza cando dous axentes do FBI (Bruce Willis e Radha Mitchell) son asignados para investigar o misterioso asasinato dun estudante universitario relacionado co home que participou na creación do fenómeno dos substitutos, que permiten á xente comprar versións perfectas de si mesmas -en boa forma, guapos, e controlados por control remoto-. Estas máquinas perfectas acaban asumindo os seus roles vitais, de modo que a xente pode experimentar a vida a través doutro comodamente sentados no sofá da súa casa.

Personaxes Bruce Willis como Tom Greer Radha Mitchell como Axente Jennifer Peters Rosamund Pike como Maggie Greer Ving Rhames como O profeta Boris Kodjoe como Andrew Stone James Francis Ginty como suplente de Canter Trevor Donovan como suplente de Tom Greer Jack Noseworthy como Miles Strickland James Cromwell como Doutor Lionel Canter Michael Cudlitz como Coronel Brendon Devin Ratray como Bobby Saunders Helena Mattsson como JJ Shane Dzicek como Jarod Canter Dorothy Brodesser como Muller con medo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jonathan Mostow Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes de Mandeville Films Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes ambientados en 2017 Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts