Apolinar Torres López, nado en Pontevedra o 23 de xuño de 1894 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un mestre, pedagogo e activo sindicalista da Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza (FETE), executado vítima da represión na zona franquista durante a guerra civil."Lo más selecto" de Vigo en 1936, El País, 28 de agosto de 2008, consultado o 25 de xuño de 2011.Primeira entrada , no Dicionario biográfico del socialismo español.Segunda entrada , no Dicionario biográfico del socialismo español.
Traxectoria Traballou como mestre en Vigo e destacou polos seus traballos pedagóxicos, chegando a dirixir a Página Pedagógica do diario El Pueblo Gallego. Colaborou en El Despertar Gallego. Foi un dos fundadores da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza, organización sindical que, agrupada con outras e integrada na Unión General de Trabajadores (UGT), constituíu máis tarde a Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza (FETE), da que foi presidente desde 1936. Presentou con Fernando Barcia Veiras e Eligio Núñez o relatorio "Misión de los trabajadores de la enseñanza en el actual momento histórico de la cultura gallega" ao Congreso de Trabajadores de la Enseñanza de Galicia de maio de 1936.El Pueblo Gallego, 22-5-1936, p. 7. A súa militancia socialista levouno a presidir, tamén en 1936, a agrupación socialista viguesa.
Como moitos outros líderes socialistas galegos, co golpe de estado de xullo de 1936 que deu lugar á Guerra Civil, houbo de ocultarse para evitar a represión dos sublevados triunfantes en Galicia, pero foi descuberto na illa de Toralla. Detido e condenado á morte o 22 de agosto de 1936, foi executado cinco días despois no Cemiterio de Pereiró, xunto ao alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, o alcalde do Concello de Lavadores, José Antela, Ramón González Brunet, Ubaldo Gil Santóstegui, Manuel Rey Gómez e os deputados socialistas Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía. miniatura|350px|De pé, de esquerda a dereita: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres Rivas. Sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra Mancebo. Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.|centro
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Depuración franquista do maxisterio
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Finados en 1936 Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Nados en 1894 Categoría:Personalidades do ensino de Galicia