miniatura|dereita|100px|Fórmula da valina ionizada. A valina (abreviadamente Val ou V)IUPAC-IUB. Nomenclature and symbolism for amino acids and peptides (Recommendations 1983) . é un α-aminoácido coa fórmula HO2CCH(NH2)CH(CH3)2. A L-valina é un dos 20 aminoácidos que forman parte das proteínas. Pola súa cadea lateral alifática clasifícase como aminoácido hidrófobo ou non polar. Xunto coa leucina e isoleucina, a valina é un aminoácido coa cadea lateral ramificada. Os seus codóns son GUU, GUC, GUA, e GUG. É un aminoácido esencial, xa que o noso metabolismo non o pode sintetizar e debemos tomalo na dieta.

O seu nome vénlle da planta valeriana (Valeriana officinalis).

Biosíntese Como a valina é un aminoácido esencial os alimentos da nosa dieta deben incluíla, normalmente como compoñente das súas proteínas. Abunda no queixo fresco, peixe, aves, cacahuetes, sementes de sésamo, e lentellas. As plantas poden sintetizala en varios pasos a partir do ácido pirúvico. A parte inicial desta vía metabólica tamén serve para producir leucina. O intermediato α-cetoisovalerato sofre unha aminación redutora con glutamato. Entre os encimas implicados nesta biosíntese están: Acetolactato sintase (tamén coñecido por acetohidroxiácido sintase). Acetohidroxiácido isomerorredutase. Dihidroxiácido deshidratase. Valina aminotransferase.

Síntese A valina racémica pode sintetizarse por brominación do ácido isovalérico seguida de aminación do α-bromo derivado. HO2CCH2CH(CH3)2 + Br2 → HO2CCHBrCH(CH3)2 + HBr HO2CCHBrCH(CH3)2 + 2 NH3 → HO2CCH(NH2)CH(CH3)2 + NH4Br

Degradación Na degradación oxidativa da valina orixínase succinil-CoA, polo que é un aminoácido glicoxénico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos CD98

Ligazóns externas Isoleucine and valine biosynthesis Food Sources of Valine

Categoría:Aminoácidos Categoría:Aminoácidos glicoxénicos Categoría:Aminoácidos esenciais