Punto Radio foi unha cadea xeneralista de radio española pertencente ao grupo Vocento. No seu accionariado ademais participou o xornalista Luis del Olmo e Televisión Castilla y León. Foi fundada en 2004 co obxectivo de facerse un oco xunto ás grandes cadeas do país (SER, COPE, Onda Cero e RNE) e logo de algo máis dun ano de vida o Estudo Xeral de Medios cifrou a súa audiencia por encima dos 500.000 oíntes. As súas emisións regulares empezaron o 6 de setembro de 2004 coa emisión de Protagonistas desde a histórica biblioteca do diario ABC. No EGM de novembro de 2010 tiña 488.000 oíntes.
Emitiu a través da radio dixital DAB polo múltiplex MF-II, en TDT, FM e AM.
Nalgunhas provincias emitiu ademais unha segunda cadea baixo o nome Punto Radio Música y Deporte Regional.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Punto Radio
Categoría:Emisoras de radio de España
ca:Punto Radio