A remolacha azucreira (Beta vulgaris L. subsp. vulgaris var. altissima Döll) é unha variedade da remolacha común de onde se obtén azucre de forma industrial, existindo outras variedades como a acelga, a remolacha hortícola e a remolacha forraxeira. A raíz da remolacha azucreira foise seleccionando durante anos para conseguir unha maior porcentaxe de azucre na súa composición e unha maior capacidade agrícola.

A Unión Europea, os Estados Unidos, e Rusia son os tres principais produtores de remolacha azucreira do mundo,Major Food And Agricultural Commodities And Producers - Countries By Commodity pero soamente a Unión Europea e Ucraína son exportadores significativos de azucre de remolacha.

Maiores produtores

Principais produtores de remolacha azucreira - 2005(Millóns de toneladas) Francia 29 Alemaña 25 Estados Unidos 25 Rusia 22 Ucraína 16 Turquía 14 Italia 12 Polonia 11 Reino Unido 8 España 7Total mundial 242Fonte: UN Food & Agriculture Organisation (FAO)

En 2009 Francia, os Estados Unidos, Alemaña, Rusia e Turquía foron os cinco maiores produtores de remolacha azucreira porén, en 2010-2011, América do Norte e Europa do leste non produciron azucre de abondo, polo que tiveron que importar Os Estados Unidos colectou 4.065 km² de remolacha azucreira en 2008. En 2009 a remolacha azucreira achegou o 20% do azucre mundial. miniatura|right|Produción de remolacha azucreira no 2009 miniatura|250px|Produción mundial de remolacha azucreira Cultivo miniatura|Leiras de remolacha azucreira na Suíza A remolacha azucreira, coma a cana de azucre, necesita sun solo peculiar e dun clima específico para un cultivo axeitado. O requirimento máis importante é que o solo debe fornecer á planta os nutrientes esenciais, ser rico en humus, de xeito que teña unha boa textura para reter auga. Certa cantidade de álcalis non é necesariamente prexudicial, xa que é un cultivo que atura ben estes compostos. O solo debe estar ben nivelado e ter unha boa drenaxe, especialmente cando hai rega.

Medra ben en solos areentos e francos, aínda que o solo ideal para o cultivo da remolacha azucreira é o franco-areento: unha mestura de materia orgánica, arxila e area. Non é bo un subsolo de grixo ou rocha nai a pouca fondura, xa que se require bastante profundidade.

As condicións climáticas, temperatura, radiación sola, choiva e vento teñen unha imporante influencia no éxito do cultivo da remolacha azucreira. Unha temperatura ideal vai dos 15 aos 21 °C durante os meses de cultivo. En ausencia de rega, requírense polo menos 460 mm de choiva. Os ventos fortes son daniños para a cultura xa que impiden agromar as beterrabas noviñas. Unha das condicións importantes é ter ciclos de luz longos (días longos) pero non moi intensos. Polo que preto do ecuador, os días curtos e a calor intensa fan que o contido de azucre na remolacha sexa baixo. Porén, nos lugares altos onde a temperatura do día é alta, mais refresca á noite, a calidade da beterraba é excelente.

Cómpre preparar ben o terreo, un arado profundo é o primeiro principio para o cultivo da remolacha azucreira, xa que permite ás raíces penetraren no subsolo sen obstrucións e evitan que a beterraba saia por riba do chan, estando mellor nutrida. Se o solo é moi duro as raíces non penetrarán axeitadamente e a planta irá saíndo polo chan durante o ciclo de cultivo. Un subsolo duro é impermeábel á auga e evita unha correcta drenaxe. Idealmente o solo debe ser profundo e lixeiro para que penetren as raíces e o ar. A remolacha azucreira esgota os nutrientes do solo axiña, polo que a rotación de cultivsos é necesaria; normalmente a reomolacha azucreira cultívase nas mesmas leiras cada tres anos, alternado con chícharos, feixóns e cereais.

miniatura|Colleita de remolacha azucreira en Alemaña Na maioría dos climas temperados as remolachas plántanse na primavera e se apañan polo outono. No extermo norte da súa área de cultivo a estación de cultivo só dura uns 100 días. En climas máis quentes, por exemplo en California a remolacha azucreira é un cultivo de inverno, plantándose polo outono e colleitando en primavera. Nos últimos anos, a Syngenta desenvolveu unha remolacha azucreira tropical, que permite cultivala en condicións tropicais e subtropicais.

Até a segunda metade do século XX, a produción da remolacha azucreira requiría de moita man de obra, por exemplo no control da maleza, que se controlaba coa densidade de plantación e co uso de aixadas, polo menos tres veces durante o ciclo. A colleita tamén requiría de moitos traballadores. Aínda que as raíces podían tirarse cunha especie arado, e coa axuda de bestas, o resto da preparación era artesanal.

U Harvesting also required many workers. Although the roots could be lifted by a plough-like device which could be pulled by a horse team, the rest of the preparation was by hand. Un traballador apañaba as plantas poxando polas follas, despois sacudíaas para limpalas de restos de terra e deitábaas en ringleira, coas follas para un lado e a raíz para o outro. Un segundo traballador, equipado cunha especie de fouciña, segue ao primeiro e separa as follas da raíz. Deste xeito, vai deixando unha fileira de beterrabas para seren despois carrexadas.

Hoxe en día, a sementeira mecánica, a aplicación de herbicidas para o control de malas herbas e a colleita mecánica desprazaron o traballo manual. A maquinaria moderna usa unha serie de coitelas para separar a raíz da coroa (que ten alto contido en impurezas non azucreiras). A colleitadora de romolacha levanta a raíz e remove o exceso de solo e é quen de cubrir seis ringleiras á vez, as beterrabas métense en camións que as levan ás factorías.

Se as beterrabas teñen que agardar para seren transportadas ás fábricas, normalmente fanse moreas e se protexen con fardos de palla. Sempre que as moreas estean ben construídas, coa ventilación axeitada, as beterrabas non se deterioran. Ademais as beterrabas que se conxelan e despois desconxelan producen carbohidratos complexos que causan severos problemas de produción na fábrica.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Acelga Cana de azucre Polpa de remolacha Remolacha Remolacha de horta

Ligazóns externas Sugar Process at the American Crystal Sugar Company website How Beet Sugar is Made

Categoría:Beta Categoría:Alimentos de orixe vexetal Categoría:Órganos de almacenamento vexetais Categoría:Industria Categoría:Cultivos