Monte Louro é un lugar situado na parroquia de Louro, no concello coruñés de Muros. O monte está concretamente na parroquia sobre a banda norte da ría de Muros e Noia.

A estrada pasa entre o monte e a praia de Louro, situada entre as puntas Carreiro e Lens. Forma parte do zona especial de conservación (ZEC) Monte e lagoa de Louro e ten un interese xeolóxico especial por ser un inselberg granítico, ou monte que destaca nunha chaira, rodeado dunha plataforma de abrasión. miniatura|Monte Louro coa Lagoa das Xerfas, a praia de Area Maior e o pinar de Ancoradoiro. Ao fondo, a ría de Muros e Noia. Esta paisaxe foi asolada por un incendio forestal en agosto de 2005 Monte Louro na literatura popular O Cristo de Finisterre/ ten unha pistola d'ouro/ pra matar aos do Son/ por riba de Monte Louro Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192. No texto: d-ouro, Montelouro.. Santo Cristo de Fisterra,/ ten unha pistola de ouro/ para matar os do Son/ por riba do Monte Louro Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184. No texto: ôs do Son.. Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia, lindando con Porto do Son. Tramalleiros son os que pescan ó tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192; no texto: Montelouro,Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 15.. Monte Louro con touca, chuvia moita ou pouca.

Galería de imaxes 500px|miniatura|Camiño cara ao Monte Louro.

Lugares e parroquias Lugares de Louro

Parroquias de Muros

Notas

Véxase tamén Bibliografía As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1 Outros artigos Montes de Galicia

Categoría:Lugares de Muros Louro