Ludwig Emilio Buale Coka, nado o 26 de novembro de 1972, é un actor ecuatoguineano radicado en España.

Traxectoria Nado en Guinea Ecuatorial, mudouse a España cos seus pais e irmáns cando tiña seis anos de idade. A súa carreira como actor comezou cando foi descuberto polo director de casting Paco Pino en 1995. Ámbolos dous estaban agardando polo metro nunha estación en Madrid. Deste xeito, Emilio conseguiu o seu primeiro papel ó interpretar a Ombasi no filme de Imanol Uribe, Bwana (1996). Por este papel obtivo un nomeamento ó Premio Goya como Mellor Actor Revelación. Despois diso, Emilio estudou para enxeñeiro de construción, ademais de traballar como bombeiro.

Buale continuou traballando en filmes, series de televisión e, especialmente, en teatro. Tamén foi membro da Compañía Nacional de Teatro Clásico por dous anos, facendo aparicións en obras como "La entretenida", "Amar después de la muerte", "Los chicos de la banda" e "Yonquis y Yanquis".

Emilio Buale on IMDB Emilio Buele en Wikipedia Español

Buale fala de forma fluída bubi, inglés, francés e castelán. Actualmente segue a traballar como bombeiro en Madrid, de feito, interpretou a bombeiros nalgúns filmes e series de televisión: "Código fuego" (2003) "Semen, una historia de amor" (2005) "La que se avecina" (2007) - un episodio da terceira tempada

Filmografía Filmes Bwana (1996) de Imanol Uribe Adiós con el corazón (2000) de José Luis García Sánchez Mi hijo Arturo (2000) de Pedro Costa Salvajes (2001) de Carlos Molinero Ilegal (2003) de Ignacio Vilar Semen, una historia de amor (2005) de Daniela Fejerman e Inés París Hienas (2009) de Norberto Ramos del Val La piel azul (2010) de Gonzalo Lopéz Gallego El Capitán Trueno y el Santo Grial (2011) de Antonio Hernández El hoyo (2019) de Galder Gaztelu-Urrutia

Curtametraxes Cien maneras de hacer el pollo al txilindrón (1997) de Kepa Sojo Feliz Navidad (1998) de Óscar del Caz Impotencia (2002) de Andoni de Carlos Así fue mi sueño (2003) de Javier Albalá ¿Y tú qué harías (2003) de Emiliano Melgarejo El niño que jugaba con los trenes (2004) de Jorge Blas Cara sucia (2004) de Santiago Zannou Chantal Lis (2005) de María Pavón e Rut Suso Salomón (2007) de Ignacio Lasierra Cíclope (2009) de Carlos Morett Morphos (2010) de Carlos Morett

Televisión Tío Willy (1998) de Eduardo Ladrón de Guevara Médico de Familia (1998) de Daniel Écija Mediterráneo (1999) de Antonio Hernández Pratos combinados (2000) de Chema Fernández Arrayán (2001) de Eva Bermúdez de Castro, Jaime D. Triviño e Santiago Pumarola Código fuego (2003) de Miguel Ángel Díez e Eva Lesmes Hospital Central (2005) de José Mª Caro e Carlos Gil Los Serrano (2007) de Daniel Écija El comisario (2008) de Ignacio del Moral Cazadores de hombres (2008) de Joan Barbero, Verónica Fernández e Aitor Gabilondo La que se avecina (2009) de Alberto Caballero, Laura Caballero, Daniel Deorador Sin tetas no hay paraíso (2009) Amar en tiempos revueltos (2009-2010) de Rodolfo Sirera 2055 (2011-) Madres (2020)

Nomeamentos Bwana'' (1996): Premio Goya ó Mellor Actor Revelación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Compañía Nacional de Teatro

Categoría:Actores de Guinea Ecuatorial Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Guinea Ecuatorial Categoría:Españois de ascendencia ecuatoguineana