Son lenda (en ) é un filme estadounidense de ficción científica dirixido por Francis Lawrence que se estreou no 2007. É a terceira adaptación da novela homónima de Richard Matheson de 1954, sendo a primeira The Last Man on Earth (1964) e The Omega Man (1971). Smith interpreta o virólogo Robert Neville, que é inmune a un virus creado polos seres humanos orixinalmente para curar o cancro. Traballa para crear unha cura ó tempo que se defende das vítimas do virus, que se converteron en mutantes hostiles.
Warner Bros. comezou a desenvolver Son lenda en 1994, e varios directores e actores foron propostos para o proxecto, pero a produción foi posposta por mor da falta de orzamento. A produción comezou no 2006 en Nova York, sendo rodada en varias localizacións da cidade, e incluíndo unha escena de $5 millóns na Ponte de Brooklyn.
Son lenda foi estreado o 14 de decembro de 2007 nos Estados Unidos e no Canadá, conseguindo a meirande recadación da historia dun filme non relacionado co Nadal en decembro. Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2011.
Sinopse Ano 2012. Robert Neville (Will Smith) é o derradeiro home vivo que hai sobre a Terra, pero non está só. Os demais seres humanos convertéronse en seres irracionais e violentos, e todos queren matalo. Durante o día vive en estado de alerta, como un cazador, e busca os mortos viventes mentres dormen; pero durante a noite debe agocharse deles e agardar ata o amencer. Este pesadelo comezou hai tres anos: Neville era un brillante científico, pero non puido impedir a expansión dun terrible virus creado polo home con fins militares. El sobreviviu porque é inmune ó virus; tódolos días envía mensaxes por radio coa esperanza de que haxa outros superviventes, pero é inútil. O único que pode facer é buscar unha fórmula que lle permita empregar o seu sangue inmune para devolverlles ós homes a súa natureza.
Personaxes Will Smith como Dr. Robert Neville Alice Braga como Anna Emma Thompson como Dr. Alice Krippin Charlie Tahan como Ethan Salli Richardson como Zoe Neville Willow Smith como Marley Neville Dash Mihok como Home Infectado alpha Joanna Numata como Muller Infectada alpha Darrell Foster como Mike Abbey & Kona como Sam, o can Pat Fraley como Voz do Presidente dos Estados Unidos Mike Patton como Efectos das voces das criaturas
Notas
Véxase tamén Bibliografía I Am Legend, Richard Matheson, Tor Books; Reissue edition (30 de outubro de 2007),
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Francis Lawrence Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes de Heyday Films Categoría:Filmes de Overbrook Entertainment Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 2009 Categoría:Filmes ambientados en 2012 Categoría:Filmes de vampiros Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego