Willie D. Warren, nado o 22 de outubro de 1989 en Dallas, Texas, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional. Actualmente é axente libre.
Traxectoria Warren foi elixido na 54ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Los Angeles Clippers. Máis tarde, o 13 de xullo de 2010, asinou un contrato cos Clippers.
Nesa mesma tempada, Warren foi enviado á NBA D-League. Xogou 6 partidos para os Bakersfield Jam da D-League, e acadou 21.0 puntos, 7.0 asistencias, 5.3 rebotes e 1.0 roubos por partido, e anotando un 50% dos tiros de campo e un 46% dende a liña de 3 puntos. Os Jam tiveron unha marca de 5-1 con Warren no equipo. Tras o seu paso pola D-League, Warren foi chamado de volta polos Clippers, pero foi asignado outra vez aos Jam o 2 de marzo de 2011.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Dallas, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do Maccabi Rishon LeZion BC Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Xogadores dos Beijing Royal Fighters Categoría:Xogadores dos Zhejiang Golden Bulls