miniatura|330px|Estadio Atatürk de Istanbul, escenario da final da Liga de Campións da UEFA 2004-05. A Liga de Campións da UEFA 2004-05 foi a edición número 50 na historia desta competición. Disputouse entre xullo de 2004 e maio de 2005, coa participación inicial de 72 equipos, representantes de 48 federacións nacionais diferentes.
A fase final da competición deu comezo en setembro de 2004, con 32 equipos competindo polo trofeo que defendía o FC Porto, trala súa vitoria na edición 2003-04. O campión final do torneo foi Liverpool FC, despois de derrotar nos penaltis ao AC Milán na final, disputada o 25 de maio no Estadio Atatürk de Istanbul, logo de empatar a 3 goles no tempo regulamentado. Para os ingleses supuxo a súa quinta conquista da máxima competición europea.
Fase de Grupos
Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. 20px AS Monaco126402104+62. 20px Liverpool FC10631263+33. 20px Olympiakos1063125504. 20px Deportivo da Coruña2602409-9
Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. 20px Bayer Leverkusen116321137+62. 20px Real Madrid116321118+33. 20px FK Dynamo Kyiv106312118+34. 20px AS Roma16015416-12
Grupo C Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. 20px Juventus FC16651061+52. 20px Bayern Múnic106312125+73. 20px Ajax Ámsterdan46114610-44. 20px Maccabi Tel Aviv FC46114412-8
Grupo D Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. 20px Olympique Lyon136411178+92. 20px Manchester United116321149+53. 20px Fenerbahçe SK963031013-34. 20px AC Sparta Praha16015213-11
Grupo E Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. 20px Arsenal FC106240116+52. 20px PSV Eindhoven10631267-13. 20px Panathinaikos96231118+34. 20px Rosenborg BK26024613-7
Grupo F Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. 20px AC Milán136411103+72. 20px FC Barcelona10631296+33. 20px FC Shakhtar Donetsk6620459-44. 20px Celtic FC56123410-6
Grupo G Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. 20px Inter de Milán146420143+112. 20px Werder Bremen136411126+63. 20px Valencia CF76213610-44. 20px RSC Anderlecht06006417-13
Grupo H Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. 20px Chelsea FC136411103+72. 20px FC Porto8622246-23. 20px PFC CSKA Moscova762135504. 20px Paris Saint-Germain FC5612338-5
Eliminatorias
250px|miniatura|dereita|Aliñacións titulares dos dous equipos na final.
Final O partido final disputouse o 25 de maio, no Estadio Atatürk de Istanbul. Os dous equipos que a disputaron, Liverpool FC e AC Milán, eran dous dos grandes dominadores da competición ao longo da súa historia. Ámbolos dous eran os equipos máis laureados dos seus países, con 4 e 6 Copas de Europa respectivamente, antes da disputa do encontro. Esta era a primeira ocasión na que se disputaba unha final da Liga de Campións en Istanbul. O AC Milán viña de ser campión de Europa na tempada 2002-03, mentres que o Liverpool FC non sabía o que era iso dende a tempada 1983-84.
O encontro tivo unha metada para cada equipo. Nos primeiros 45 minutos a posesión do balón foi dun 55% a prol do Liverpool FC, pero os goles chegaron a prol do AC Milán. Xa no minuto 1 do encontro o capitán do equipo italiano, Paolo Maldini, no derradeiro encontro da súa carreira, rematou unha falta lanzada por Andrea Pirlo, e acadou o primeiro gol da final. Hernán Crespo fixo os seguintes 2 goles do AC Milán nos minutos 39 e 44, o último deles despois dunha gran xogada individual de Kaká. Cando os dous equipos marcharon ó descanso, o encontro semellaba resolto. Non obstante, na segunda metade o Liverpool FC fixo a remontada en 6 minutos, dende o minuto 54 ó 60, con goles de Steven Gerrard, Vladimir Smicer e Xabi Alonso, e co empate a 3 chegou o final dos 90 minutos. Na prórroga ningún equipo fixo gol, e polo tanto, despois de 120 minutos, a final decidiuse dende o punto de penalti. O AC Milán fallou os seus 2 primeiros lanzamentos, da man de Seginho e Pirlo, mentres que o Liverpool FC anotaba os seus. Na terceira rolda de lanzamentos Tommasson anotou para os italianos, e Riise fallou para os ingleses. A final estaba 2-1 a falta de 2 lanzamentos por cada equipo. Na cuarta rolda nin Kaká nin Smicer fallaron o seu lanzamento. Así pois, só quedaba a derradeira rolda, e comezaba lanzando o AC Milán. Se Shevchenko non metía o seu penalti, o Liverpool FC gañaba a Liga de Campións. Shevchenko tirou, e Dudek, o porteiro do Liverpool FC detivo o balón.
Era a quinta vez que o Liverpool FC gañaba o título de campión de Europa. Notas
Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA UEFA Liverpool FC AC Milán
Categoría:Fútbol en 2005 Categoría:Liga de Campións da UEFA