miniatura|330px|Estadio Old Trafford de Manchester, escenario da final da Liga de Campións da UEFA 2002-03. A Liga de Campións da UEFA 2002-03 foi a edición número 48 na historia desta competición. Disputouse entre xullo de 2002 e maio de 2003, coa participación inicial de 72 equipos, representantes de 48 federacións nacionais diferentes.

A primeira fase de grupos da competición deu comezo en setembro de 2002, con 32 equipos, e a segunda fase de grupos comezou en decembro de 2002 con 16 equipos. O campión final do torneo foi o AC Milán, despois de derrotar nos penaltis ó Juventus FC na final, disputada o 28 de maio no Estadio Old Trafford de Manchester, logo de empatar sen goles no tempo regulamentado. Para os rossonero supuxo a súa sexta conquista da máxima competición europea.

Primeira Fase de Grupos

Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Difborder|20px Arsenal FC10631294+5border|20px Borussia Dortmund10631287+1border|20px AJ Auxerre7621347-3border|20px PSV Eindhoven6613258-3

Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Difborder|20px Valencia CF166510174+13border|20px FC Basel9623112120border|20px Liverpool FC86222128+4border|20px Spartak Moscova06006118-17

Grupo C Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Difborder|20px Real Madrid96231157+8border|20px AS Roma9623134-1border|20px AEK Atenas FC66060770border|20px Racing Genk4604229-7

Grupo D Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Difborder|20px Inter de Milán116321128+4border|20px Ajax Ámsterdan8622265+1border|20px Olympique Lyon86222129+3border|20px Rosenborg BK46042412-8

Grupo E Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Difborder|20px Juventus FC136411123+9border|20px Newcastle United FC9630368-2border|20px Dynamo de Kíiv7621369-3border|20px Feyenoord Rotterdam5612348-4

Grupo F Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Difborder|20px Manchester United156501168+8border|20px Bayer Leverkusen96303911-2border|20px Maccabi Haifa FC7621312120border|20px Olympiakos461141117-6

Grupo G Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Difborder|20px AC Milán126402127+5border|20px Deportivo da Coruña1264021112-1border|20px RC Lens8622211110border|20px Bayern Múnic26024913-4

Grupo H Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Difborder|20px FC Barcelona186600134+9border|20px FC Lokomotiv Moscova7621357-2border|20px Club Brujas5612357-2border|20px Galatasaray SK46114510-5

Segunda Fase de Grupos A esta segunda fase de grupos pasaron os 2 primeiros equipos de cada grupo da primeira fase.

Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Difborder|20px FC Barcelona166510122+10border|20px Inter de Milán116321118+3border|20px Newcastle United FC762131013-3border|20px Bayer Leverkusen06006515-10

Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Difborder|20px Valencia CF9623156-1border|20px Ajax Ámsterdan8615065+1border|20px Arsenal FC7614165+1border|20px AS Roma5612378-1

Grupo C Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Difborder|20px AC Milán12640254+1border|20px Real Madrid11632196+3border|20px Borussia Dortmund10631285+3border|20px FC Lokomotiv Moscova16015310-7

Grupo D Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Difborder|20px Manchester United136411115+6border|20px Juventus FC7621311110border|20px FC Basel76213510-5border|20px Deportivo da Coruña7621378-1

Os 2 primeiros equipos de cada grupo clasificáronse para disputar os cuartos de final da Liga de Campións. Eliminatorias

Final 250px|miniatura|esquerda|Aliñacións titulares dos dous equipos na final.

O partido final disputouse o 28 de maio de 2003, no Estadio Old Trafford de Manchester. Os dous equipos que a disputaron, Juventus FC e AC Milán, eran dous dos grandes dominadores das competicións europeas ao longo da súa historia. Ámbolos dous eran os equipos máis laureados de Italia, e tiñan 2 e 5 Copas de Europa respectivamente, antes da disputa do encontro. Esta era a primeira ocasión na que se disputaba unha final da Liga de Campións completamente italiana. Do mesmo xeito, esta foi a primeira vez que a final da máxima competición continental tivo lugar no histórico estadio Old Trafford. O AC Milán viña de ser campión de Europa por última vez na tempada 1993-94, mentres que o Juventus FC non sabía o que era iso dende a tempada 1995-96. 290px|miniatura|centro|O AC Milán erguendo a Copa de Europa en 2003.

O encontro rematou co empate a cero inicial, e na prórroga tampoco houbo goles. Os equipos de Carlo Ancelotti e Marcelo Lippi tiveron que ir ós lanzamentos dende o punto de penalti. A Juventus FC fallou 3 lanzamentos da man de Trezeguet, Zalayeta e Montero, mentres que o AC Milán só fallou 2, lanzados por Seedorf e Kaladze. Deste xeito, foi o equipo rossonero o que se levou a final europea entre equipos italianos.

Era a sexta vez que o AC Milán gañaba o título de campión de Europa.

Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA UEFA AC Milán Juventus FC

Categoría:Fútbol en 2003 Categoría:Liga de Campións da UEFA