María Victoria Bilbao-Goyoaga Álvarez, máis coñecida como Mariví Bilbao, nada en Bilbao o 22 de xaneiro de 1930 e finada na mesma cidade o 3 de abril de 2013, foi unha actriz vasca, especialmente famosa polos seus papeis de Marisa Benito en Aquí no hay quien viva e Izaskun Sagastume en La que se avecina.

Traxectoria Naceu en Bilbao en 1930. Iniciouse moi pronto como actriz de teatro participando en montaxes co grupo de Cultura Hispánica de Bilbao e co grupo Akelarre, do cal foi fundadora. Segundo a propia actriz, nos seus comezos nunca actuou co seu nome: "Bilbao era un pobo. Como para aparecer na ficha dunha estrea no xornal; o meu pai mátame". Por iso actuou baixo o nome de Ángela Valverde.Entre Ionesco e as teleseries

Debutou no cine con papeis protagonistas nas curtametraxes La interrogación de F. Bardají e Playa insólita (1962), de Javier Aguirre, Irrintzi (1978), de Mirentxu Loyarte e Agur Txomin (1979), de Juanma Ortuoste e Javier Rebollo.

En 1981, cun personaxe de relevo en Siete Calles, de Juanma Ortuoste e Javier Rebollo, cineastas aos que a actriz estivo vinculada ao longo da súa traxectoria, do mesmo xeito que na súa última etapa estívoo a Daniel Calparsoro. Interpretaba o seu primeiro papel nunha longametraxe e a partir dese momento converteuse nunha das máis solventes e eficaces actrices secundarias do cine de Euskadi, lugar no que se centrou practicamente toda a súa carreira cinematográfica.

Como recoñecemento á súa traxectoria profesional, a Asociación de Actores Vascos concedeulle o premio El Abrazo (1996) e o xornal El Mundo o premio Séller, V Edición (1997).

Pero a popularidade débella ao seu papel de Marisa Benito na serie de éxito Aquí no hay quien viva de Antena 3 xunto a Emma Penella e Gemma Cuervo, onde traballou durante máis de tres anos ás ordes de Alberto. En 2007 estreou unha nova serie co mesmo equipo técnico e artístico, aínda que con distintos personaxes e emitida por Telecinco, La que se avecina, na que interpretaba a Izaskun Sagastume.

Ata esta data e ao longo de moitísimos anos colaborou de xeito continúa en diversos programas e series con Euskal Telebista, a televisión autonómica vasca.

En 2006 foi elixida por votación popular como pregoeira das festas da Semana Grande de Bilbao.

En marzo de 2007 acudiu á 79ª entrega dos premios Óscar, ao estar nomeada o curto Eramos pocos, de Borja Cobeaga, que protagonizou xunto a Ramón Barea. Esta era a súa segunda colaboración nunha curtametraxe do cineasta donostiarra, xa que fai dous anos antes rodara baixo as súas ordes o curto La primera vez, gañando o premio á mellor actriz dos Festivais de Ourense e Málaga. Tamén acudiu á Mostra de Venecia con Alumbramiento, de Eduardo Chapero-Jackson, gañando o León de Ouro ao mellor curto europeo, na Sección Oficial Curto Curtísimo.

O 14 de xuño de 2008 recibiu o premio Cidade de Huesca no Festival Internacional de Cine de Huesca, en recoñecemento á súa traxectoria profesional como actriz.

Foi tamén unha habitual colaboradora da campaña Móllate pola esclerose múltiple que se celebra anualmente en apoio aos afectados pola esclerose múltiple no País Vasco e na que traballan outros rostros famosos como Iñaki Gabilondo, Unax Ugalde, Igor Yebra e Borja Cobeaga.

En 2012 anunciou a súa retirada da televisión e da serie La que se avecina, aínda que deixou aberta a porta a gravar anuncios.

O 3 de abril de 2013 faleceu na súa casa de Bilbao por causas naturais e en compañía da súa familia.

Vida privada Estivo casada dúas veces, unha delas co artista e crítico de arte Javier Urquijo (1939-2003),Javier Urquijo, pintor (Obituario) e ten unha filla, que é decoradora.

Filmografía Longametraxes Maktub (2011), de Paco Arango. No controles (2010), de Borja Cobeaga. Sukalde kontuak (2009), de Aitzpea Goenaga. Trío de ases: el secreto de la Atlántida (2008), de Joseba Vázquez. El Calentito (2005), de Chus Gutiérrez. El chocolate del loro (2005), de Ernesto Martín. La mirada violeta (2004), de Nacho Pérez de la Paz e Jesús Ruiz. Carmen (2003), de Vicente Aranda. Torremolinos 73 (2003), de Pablo Berger. Marujas asesinas (2001), de Javier Rebollo. La comunidad (2000), de Álex de la Iglesia . Aunque tú no lo sepas (2000), de Juan Vicente Córdoba. Las huellas borradas (1999), de Enrique Gabriel. Ione, sube al cielo (1999), de Joseba Salegui. Pecata minuta (1999), de Ramón Barea. Entre todas las mujeres (1998), de Juan Ortuoste. A ciegas (1997), de Daniel Calparsoro. Calor... y celos (1996), de Daniel Calparsoro. Malena es un nombre de tango (1996), de Gerardo Herrero. Pasajes (1996), de Daniel Calparsoro. Salto al vacío (1995), de Daniel Calparsoro. Sálvate si puedes (1995), de Joaquín Trincado. No me compliques la vida (1991), de Ernesto Del Río. El mar es azul (1989), de Juan Ortuoste. Eskorpion (1988), de Ernesto Tellería. Siete Calles (1981), de Juanma Ortuoste e Javier Rebollo.

Curtametraxes Lala (2009), de Esteban Crespo. Atardecer (2009), de Santiago Lucas e Javier Muñoz. Sótano (2008), de Jon Cortegoso. Alumbramiento (2007), de Eduardo Chapero-Jackson. Trío de ases (2006), de Joseba Vázquez. Éramos pocos (2005), de Borja Cobeaga. Entre nosotros (2005), de Darío Stegmayer. Tercero B (2002), de José María Goenaga. Terminal (2002), de Aitzol Aramaio e Juan Pérez Fajardo. La primera vez (2001), de Borja Cobeaga. Hyde & Jekill (2000), de Sara Mazkiarán. Jardines deshabitados (2000), de Pablo Mal. Amor de madre (1999), de Koldo Serra e Gorka Vázquez. El trabajo (1999), de Igor Legarreta e Emilio Pérez. Adiós Toby, adiós (1995), de Ramón Barea. Lourdes de segunda mano (1995), de Chema de la Peña. La leyenda de un hombre malo (1994), de Myriam Ballesteros. Agur, Txomin (1981), de Javier Rebollo. Irrintzi (1978), de Mirentxu Loxarte. Playa insólita (1962), de Javier Aguirre. Almuñécar (1961), de Javier Aguirre. Amores (1959), de Javier Aguirre.

Televisión Personaxes fixos La que se avecina (76 episodios, 2007-2012) como Izaskun Sagastume Apaga la luz (2007) Aquí no hay quien viva (90 episodios, 2003-2006) como Marisa Benito El show de la 3 (2005) Mis estimadas víctimas (2005) Entre dos fuegos (1998)

Personaxes esporádicos A tortas con la vida (1 episodio, 2005) Periodistas (2 episodios, 2002) Hospital Central (2 episodios, 2001) Raquel busca su sitio (1 episodio, 2000) Manos a la obra (2 episodios, 1998) Al salir de clase (2 episodios, 1997)

Premios e candidaturas Premios TP de Ouro Ano Categoría Película Resultado2004Mellor actriz de televisiónAquí no hay quien vivaCandidata

Premios da Unión de Actores Ano Categoría Película Resultado2004Mellor actriz secundaria de televisión Aquí no hay quien viva Gañadora2003Mellor actriz secundaria de televisión Aquí no hay quien viva Candidata

Premios da Academia da Televisión de España Ano Categoría Película Resultado2005Mellor interpretación femeninaAquí no hay quien vivaGañadora

Festival de Cine Español de Málaga Ano Categoría Película Resultado2001Biznaga de Prata (Curtametraxes): Mellor interpretación femeninaLa primera vezGañadora

Festival de Cine Internacional de Ourense Ano Categoría Película Resultado2002Premio AISGE: Mellor interpretación femeninaLa primera vezGañadora

Festival de Cine de Alacant Ano Categoría Película Resultado2008Mellor actriz]br>(ex aequo con Cristina Plaza)AlumbramientoGañadora(s)

Premios pola súa traxectoria Premio "Apoio á curtametraxe" da XV edición do Festival de Cine de Zaragoza (2010). Homenaxe no Festival Internacional de Curtametraxes de Móstoles (2009). Premio Amalur Honorífico do Zinemaldia, no Festival de cine de Donostia (2008). Premio de Honra do Festival de Cine de Pamplona (2008). Premio Cidade de Huesca do Festival Internacional de Cine de Huesca (2007). Premio Xúbilo (ex aequo con Gemma Cuervo e Emma Penella), pola súa traxectoria (2005). *Zoom Festival Europeo de Cine para a Televisión (2009)

Notas

Categoría:Actores do País Vasco Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2013