Tritón pode referirse a:

Na mitoloxía grega, a Tritón, deidade mariña con corpo de humano e cola de peixe. En astronomía, a Tritón, unha das lúas ou satélites de Neptuno. En bioloxía os tritóns son as especies de anfibios con cola, e hábitos fundamentalmente acuáticos, que, canda as píntegas, conforman a orde dos urodelos. Por metonimia, chámanse ás veces tritóns a algúns gasterópodos mariños e ás súas cunchas. Charonia tritonis, de distribución indopacífica. Charonia variegata, do Atlántico e o Índico, chamada tritón do Atlántico. Tritón X-100 é un deterxente utilizado en bioquímica e citoloxía. En química, e en física de partículas, o tritón é o núcleo do átomo de tricio, un dos isótopos do hidróxeno.