William Daniel Phillips, nado en Wilkes-Varre (Pensilvania) o 5 de novembro de 1948, é un físico estadounidense. Traxectoria A súa tese doutoral trataba sobre o momento magnético do protón na auga. Despois traballou co condensado Bose-Einstein. En 1997 gañou o Premio Nobel de Física xunto con Claude Cohen-Tannoudji e Steven Chu polas súas contribucións ao campo da refrixeración mediante láser, unha técnica para mover átomos en estado gasoso para estudalos mellor desenvolvidos no NIST. Phillips é tamén profesor de física na Universidade de Maryland.
Véxase tamén Ligazóns externas Curriculum Vitae .
Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados no condado de Luzerne, Pensilvania Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts