Diari de Balears (antes coñecido como Balears), foi un xornal editado en Palma de Mallorca entre 1939 e 2013. Na última época da ditadura franquista e durante a transición perdeu un importante número de lectores, a consecuencia da dura competencia con outros diarios da illa. En 1996 foi adquirido polo grupo Serra, evolucionando a posturas próximas ao rexionalismo balear.
Historia Naceu pouco despois da Guerra Civil, o 13 de xuño de 1939, pola fusión dos diarios El Día e o órgano de expresión falanxista Aquí estamos, chegando a ser o diario de maior difusión das illas. Despois da morte de Franco en 1975 pasou a formar parte do órgano Medios de Comunicación Social del Estado. A perda do número de lectores fixo que fora poxado e adquirido polo grupo Serra, que aos poucos anos renomearíao a Diari de Balears. A edición impresa desaparecería en 2013, continuando a versión dixital como DBalears.
Directores Pablo Sáiz Gralla (1939-1940) Nicolás Brondo Roten (1940-1941) Pedro Álvarez Gómez (1941-1944) Domingo Medrano (1944-1948) Antonio Colom (1948-1949) Jorge Andreu (1949-1952) Waldo de Mier (1952-1957)
Ignacio Arroyo (1957-1961) Francisco Javier Jiménez (1961-1975) Antonio Pizá (1975-1981) Pedro Ignacio González (1981) Juan José Porto (1981-1982) Pablo Llull (1982-1983) Eliodoro Muñoz (1983-1984)
Pedro Serra (1984) Octavio Aguilera (1984-1985) Miguel Serra (1985-1989) Jaime Jiménez (1989) Guillermo Martín de la Oliva (1989-1991) Marisa Gallardo (1991-1993) Miquel Serra Magraner (1993-2013)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Xornais de España Categoría:Palma Categoría:Lingua catalá Categoría:Artigos sen imaxes