Bertram Neville Brockhouse, nado en Lethbridge (Alberta) o 15 de xullo de 1918 e finado o 13 de outubro de 2003, foi un físico canadense gañador do Premio Nobel de Física.
Traxectoria Gradouse na Universidade da Columbia Británica en 1947 e na Universidade de Toronto (MA, 1948; Ph.D, 1950). Desde 1950 a 1962 traballou cinvestigando no laboratorio nuclear Chalk River de enerxía atómica. En 1962 converteuse en profesor da McMaster University no Canadá, até o seu retiro en 1984.
Compartiu en 1994 o Premio Nobel de Física co físico estadounidense Clifford Glenwood Shull polo desenvolvemento das técnicas de neutron scattering para o estudo da Física da materia condensada. En 1982 foi nomeado cabaleiro pola Orde do Canadá.
Véxase tamén Ligazóns externas Bertram Brockhouse .
Categoría:Físicos do Canadá Categoría:Nados en Alberta Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Alumnos da Universidade da Columbia Británica Categoría:Alumnos da Universidade de Toronto Categoría:Premios Nobel do Canadá