307261 Máni (designación provisional: 2002 MS4) é un obxecto trans-neptuniano (TNO). Foi descuberto no 2002 por Chad Trujillo e Michael E. Brown. Está clasificado coma cubewano polo Centro de Planetas Menores.

O Telescopio Espacial Spitzer estimoulle un diámetro de 726 ± 123 km.Stansberry, Grundy, Brown, Spencer, Trilling, Cruikshank, Luc Margot Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope (2007) Preprint arXiv Isto fai del un candidato a planeta anano. Actualmente atópase a 47,2 UAs de distancia respecto do Sol, e acadará o seu perihelio no ano 2122. Foi observado 46 veces e recuperado en imaxes que nos retrotraen ó ano 1954.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris 2002 MS4 Precovery Images

Categoría:Cubewanos Categoría:Candidatos a planeta anano